Curso 2012/2013

Para dar por finalizado este curso deixamos esta imaxe na que están todos os alumnos e profesores que interviron en CONTACONTOS

Tamén aos alumnos con cadanseu DVD no que vai gravado o conto.

BOA LECTURA E
 MELLOR VERÁN!


CRISTINA, TANIA de 6º C e MANUEL DE 5º A CONTARON AOS MÁIS PEQUENOS DO COLE "OS SETE CABUXIÑOS"

Noraboa! Gustounos a voso traballo.
Sempre anda por aí un lobo trampulleiro que os nenos e nenas coñecen moi ben e que descubren pronto as súas mañas.
Foi o derradeiro por este curso para o próximo máis.



  CONTACONTOS NO SALÓN

MARIOLA, LUCÍA E PAULA DE 6ºA

PRESENTARON O CONTO                                    "HANSEL Y GRETEL" PARA OS NENOS E NENAS DE CUARTO.

Teñen moito mérito estas alumnas que aproveitan o seu tempo libre para estudiar e preparar este conto e así que o disfruten os seus compañeiros máis pequenos e todos nós.
Debemos e queremos felicitar a elas e a todas e todos, que tamén nos contaron un conto; tamén aos que estaban preparando o seu, quedounos curto o curso, que para o próximo serán eles os primeiros que nolo contarán.


Tiña algunha dificultade porque fixéstedes varios personaxes pero estivo bastante ben.  Esperamos que aos nenos lles gustase, pasasen un rato alegre e divertido e se animen a ler moito que é moi entretido e pásase moi ben.



 Gabriela de 6º A tamén contou o seu conto aos nenos e nenas  de cuarto.

"Los zapatitos rojos" foi o título elexido, non sabemos si é que lle gusta ou polas ensinanzas que  nos ofrece.

Estaba moi nerviosa porque ainda non o tiña moi ben preparado pero, a premura no tempo e que o público quería máis, atreveuse a contárnolo, sen máis. Hai que estar preparado en todo momento e contar contos en público é un xeito máis de entreno.

COLIÑO E O 
SEU NOVO AMIGO

7-06-2013

10:40H


1º, 2º, 3º DE PRIMARIA

......NO SALÓN


 RUBÉN DE 5ºB

Era un conto difícil de contar porque ten un vocabulario o que non estamos acostumados.

Seguro que despois de pasar tantos nervios resultouche unha experiencia moi positiva que seguro che vai axudar para máis adiante. 

Ademáis os teus compañeiros axudáronche a facer as ilustracións nas cartulinas que quedaron moi bonitas.

Sodes uns artistas!                                                                                                                                                                                   




RICITOS DE ORO

30 de maio 2013

CONTACONTOS NO SALÓN

15:15h.

SEGUNDO CICLO

Sela, María, Natalia e Abril de 6º B

Nótase que vos gusta a interpretación!

Estivo moi ben e os decorados locen moito.

Esperamos que sigades así  e que nos visitedes para o curso que seguro estaredes no Instituto.
Tamén llo desexamos aos vosos compañeiros que terminan ciclo neste centro.



"O segredo do rei Curro"

27 de maio no Salón de Actos

3º Ciclo  ás 13h

Narrado por Esteban de 6ºB


Ben contado, sí señor!

 Seguindo coa programación de "Contos no Salón", e así acadar mellor expresión, hoxe tocoulle a posta en escena a Esteban, que o fixo moi ben, con esa retranca que el lle sabe poñer e que é moi galega.
Pronto se contará o seguinte. Atentos ao cartel.






Aquí tedes as imaxes

Cos traballos que nos achegástedes elaboramos estes dous libros que poñemos a vosa disposición.

Tamén sabemos que o libro de lectura "A miña casiña, meu lar" que vos propuxemos ler gustou bastante.

Esperamos que coñecerades un pouco máis de Rosalía.

E que vos gustase a súa poesía!





->
LETRAS GALEGAS

Este ano dedícase a Roberto Vidal Bolaño, encontraredes material para facer actividades (os diferentes niveis) na lista de enlaces .







Na Biblioteca sempre temos algo que facer pero nos próximos días aínda máis porque adquiriuse moito material e hai que  etiquetalo para poñelo á vosa disposición.




Esperamos

que 


sexan 


do


voso


gusto.






O coordinador da Biblioteca do IES Chamoso Lamas convídanos a que nos acheguemos o día 24 de abril co motivo do"Día do Libro" á Praza Maior do Carballiño. Alí haberá diversas actividades programadas con libros e lerase poesía,  contacontos, música dun grupo de cámara,...........A partires das 18h ata as 21h.

Animádevos a participar!
HORARIO E 
COLABORADORES
3º TRIMESTRE
LUNS
MART
MÉRC
XOV
VENR
6º A

Sara
Miguel
David
Pablo
6ºB

Manuel
María
Doris
Tatiana
6ºC

Gabriela Franches
Carla
Laura(A)
5ºB
Emma Antía 
Sara Lola(A)
5ºC

Iván
Josefina
Valeria
Rebeca(A)

 Alégranos moito que haxa moit@s nen@s que se apuntasen á proposta de contar un conto.
Agora empeza o máis interesante que é o de preparar e prepararse para pasar o casting. Saber que imos ser moi pacientes pero que os ensaios van a ser nos recreos e hai que ser moi puntuais porque temos pouco tempo. Tamén que hai que ter moi aprendido o que queremos facer.Nós axudaremos todo o que poidamos para que saia fantástico.

23  de  abril


     DÍA DO LIBRO



Propoñemos que en todas as aulas se lea este libro.
Este ano conmemoramos o 150 aniversario da publicación de Cantares Galegos.
O noso obxectivo é que coñezas a Rosalía e a súa obra.
Neste libro atoparás poemas recollidos de Cantares Gallegos e Follas Novas.



Pensamos para este trimestre realizar actividades de tradición oral, que consistirán en contar contos aos máis pequenos. Solicitamos alumnos voluntarios para tal fin, de 2º e 3º ciclo con aptitudes; tamén profesores/as; pais/nais; avós/avoas que nos queiran axudar, eles tamén poden contar contos.

Con todos os que se apunten haberá unha reunión martes 16 de abril no salón de actos para dar as indicacións.

Con antelación suficiente anunciarase as datas das narracións e o lugar.

Descubre unha nova posibilidade da lectura!.


contacontos  e  obradoiro no salón de actos.

Animador :Iago López Santos.


Venres, 5 de abril

10.30h  a  11h  E. Infantil da Uceira
11h       a  11.45h  1º Primaria
12h       a  12.30h  Infantil Campo da Feira
12.40h  a  13.15h  Infantil Calvo Sotelo

Conto: "Linda a Espreita" Ed. Xerais


Luns, 15 de abril

10.15h  a  11hh   2º e 3º de Primaria
11h   a  11.45h  4º de Primaria

 Conto: Tarzán de goma"

12.15h  a  13.45h  5º e 6º de Primaria

Obradoiro sobre a lectura.



antes do 24 de outubro.  

O 24 de febreiro  é o día de RosalíaData que non podemos esquecer polo que representa para todos os galegos.
Algúns dos  seus poemas podemos encontrar  musicados, recitados, cantados por : corais, orquestras, cantantes,..........
Aquí tedes algúns:

Adiós ríos, adiós fontes.

Negra sombra.

Campanas de Bastabales.

Castellanos de Castilla.

La Grandeza, Rosalía de Castro.

Poemas.

Cantar da emigraçao.

Alborada Rosalía de Castro.

Vaite noite, vai fuxindo.

Unha vez tiven un cravo...Recitado.

As casas de Rosalía

No ano 2010 (neste blog) , atoparedes información sobre a escritora.
Ademáis gustaríanos que fixésedes a súa biografía en viñetas que ali vos propoñemos nas actividades.





Esta aula está situada na biblioteca e ten dúas finalidades:

  • Nela están as coleccións de libros que prioritariamente se levan ás aulas para traballar colectivamente. Para retirar as coleccións os profesores deben cumplimentar os seus datos  nun ficheiro que hai para cada Ciclo .
  • Tamén se poden consultar as enciclopedias e diverso material nela, para eso os titores deberán levar  aos seus alumnos e coidar que se cumplan as normas da aula que alí están á vista.
A comprensión lectora é un obxectivo do Plan Lector do Centro. Dende fai anos vimos facendo esta actividade e queremos recordarvos que nos dou bos resultados.
Presentámola de novo para darlla a coñecer ás novas incorporacións tanto a pais coma a profesores.


PARA PROFESOR@S ,ALUMN@S , PAIS E NAIS.

Lectura silenciosa e libre.

Es     Esta actividade de fomento da lectura debe ser o motor que inicie, mellore ou descubra o pracer pola lectura.

Tempo 10 ou 15 minutos.

O t    O tempo  que se dedique a esta actividade non se resta á asignatura que toque, senón que gaña todo o currículo.

Pr     Preferentemente todos os días ou o día da semana que decida o Ciclo.

           O libro.

Traer e ter á man o libro de lectura da casa, da biblioteca,... e comenzar a lectura á hora prevista.

Non se debe molestar, saír ao baño, preguntar, facer ruídos..., durante a lectura.

         A proposta.

Nos centros que levan a cabo esta actividade foi acollida satisfactoriamente polos alumn@s.


       O titor.

Sería positivo facer esta proposta aos pais para que na casa tamén se levara a cabo.
BOA LECTURA .

Estamos moi contentas porque  tivemos unha resposta moi positiva á  proposta que vos fixemos dende a Biblioteca.

Aquí vos deixamos unha pequena reseña os demáis están expostos nos taboleiros dos seus respectivos pasillos ou clases que inmediatamente van ser utilizados nos libros de lectura de cada un de vós.



2º e 3º ciclo  from flolodi

 Estamos na  biblioteca esperando a vosa presencia . O turno de préstamos no recreo é o seguinte:      Luns : 1º  ;  martes: 2º  ;  mércores: 3º ; xoves: 4º e venres: 5º  e  6º alternativamente.                                                
O 24 DE OUTUBRO celébrase o “día da Biblioteca” con tal motivo pedimos a todos os profesores e alumnos se impliquen na súa dinamización.
Para este día solicitamos se elabore un marcapáxinas en cartolina que por unha cara leve un debuxo alusivo á conmemoración e pola outra a dirección do blog: boello.blogspot.com.



Cada profesor elixirá un (ou dous si así o considera) que no lo fará chegar




No hay comentarios:

Publicar un comentario