Curso 2009/2010

Neste curso (2008 – 2009) propuxémonos que toda a comunidade educativa dispoña dun novo espazo ou canle onde se poda informar, expresar, mostrar os seu traballo, dar a súa opinión ou curiosear no traballo que se leva a cabo no centro, esto é O noso blog
Nace do grupo de traballo de profesor@s que se formou dentro das actividades dinamizadoras da biblioteca coa finalidade do fomento da lectura.
Coidamos que é un recurso que aos máis novos lles gusta e desperta o seu interés.

Os obxectivos son:
  • Despertar nos alumn@s o interés pola lectura, as novas tecnoloxías e os diferentes soportes que poden utilizar para a adquisición do coñecemento, mellorar a lectura e comprensión e a presentación dos seus traballos.
  • Tamén como un medio para dar a coñecer o que facemos e os traballos dos alumnos e alumnas.
Pretendemos, que teña unha gran acollida por parte do profesorado, xa que, sen o seu bo facer diario é imposible que este blog poida encherse de contido.

Para a comunidade de pais e nais será importante xa que lle resultará fácil achegarse, dun xeito sinxelo, ao colexio que elexiron para os seus fillos e do que tamén forman parte importante.

O lugar está creado, agradecemos e agardamos a vosa colaboración.

Grupo de Traballo



NA BUSCA DE ...
Este foi o resultado final. O cartel elaborouse por partes para que resultara intrigante e motivador para os nenos e nenas e colocouse nos corredores dos tres edificios con que conta o centro:
· Primeiro só aparecía: BÚSCASE.
· Despois BÚSCASE co debuxo.
· A continuación BÚSCASE MASCOTA.
· E por último BÚSCASE MASCOTA PARA A BIBLIOTECA.

Este proceso durou unha semana.




ELABORACIÓN
Todo o alumando colaborou no deseño da mascota.


Á actividade dedicoúselle unha mesma tarde nos tres edificios con que conta o centro.














FINALISTAS
De cada nivel escolléronse as máis creativas










MASCOTA GAÑADORA

O equipo de Biblioteca escolleu como mascota o Boello.

COMENTARIO DO AUTOR (Juan José Cancela - 5ºA)
"Escollín o coello para debuxar sobre a B, porque era o animal que máis se parecía a esta. Debía ser un animal que empezara por B de Biblioteca, pero non o atopei.
Desta maneira o seu nome tivo que ser Boello, que sae da combinación de B de Biblioteca e do animal que é un coello. A parte de arriba da letra, sendo un pouco máis pequena, pode parecer a cabeza e a de abaixo que é algo máis grande sería o corpo.
Escollín varias cores e ademais vivas, para que chamaran un pouco a atención, sendo así o cartel un pouco máis visible e a xente non se pasara de largo cando o vira. O cartel é un bo indicador de onde se atopa a Biblioteca."





No mes de novembro dende a biblioteca propoñemos aos titores do 3º Ciclo o libro (con DVD) “Xela volveuse vampira” para a súa lectura ou proxección (trata esta temática); coa finalidade de que os alumn@s se conciencien de que coa igualdade iremos sen torceduras á paz.

Despois da posta en común das súas ideas, fixeron este mural no que resaltan con maiúsculas ou en cor o que el@s consideran importante.

Seguimos o mesmo obxectivo coa Conmemoración da Paz, nesta ocasión proponse para o segundo Ciclo a lectura do libro “El Señor Guerra y la Señora Paz”.
Esperamos que lles gustase moito e que lle ensinasen ao señor Guerra que un é máis feliz si nos levamos ben cos veciños.


Para o primeiro Ciclo a aventura vén da editorial kalandraka, “Un barco en el cielo". Un barco 




ESTRENAMOS EXPOSITOR



Desde la Consellería nos llega y comenzamos el nuevo año de cumpleaños.
Es joven, rubio con flequillo característico, con pantalón bombacho, reportero, le gusta mucho viajar, siempre le acompaña su perro, se llama Tintín.
Nació en Bélgica el 10 de enero de 1929, su creador el dibujante Hergé.

“Tintín en el país de los Soviets” es el primer cómic de los veinticuatro de la saga y se publica en “Le petit Vingtième”.

Tintín y sus infatigables compañeros: su inseparable perro Milú, el capitán Haddochk,los detectives Dupont y Dupont (Hernández y Fernández), el profesor Tornasol y Bianca Castafiore recorren el mundo en busca de aventuras.

Se vendieron más de 250 millones de cómics, fue traducida a más de 50 idiomas y cada día tiene más seguidores.

Le sacaron del cómic, según la página belga TintinPassion y promocionó colecciones de cromos de : locomotoras, aviones, autos y marina... 

El próximo año estará en el cine como protagonista de la mano de Steven Spielberg.
Nosotros le preparamos una tarta con mucho cariño y una gran fiesta por su “80 cumpleaños”.






De cara as vacacións de nadal, seleccionamos unha serie de libros para cada un dos ciclos e elaboramos unhas guías onde aparece un pequeno resumo do que se van encontrar coa súa lectura.


A nosa intención e sevir de axuda a Papá Noel, aos Reis, aos papás..... para agasallar a todos os nenos: ¡ UN LIBRO UNHA BOA IDEA!

Non vos preocupedes por atopalos, esta guía deixámola en todas as librerías da Vila.


QUE DISFRUTEDES MOITO COA LECTURA E BO NADAL




Como dixemos cando escribimos sobre o seu cumpreanos, este xoven reporteiro chamado Tintín, recorre nas súas múltiples viaxes os cinco continentes e máis alá: “Obxectivo: a Lúa” ou “Aterraxe na Lúa”) acompañado do seu inseparable fox terrier Milú.
Dende a primeira aventura na extinguida URSS “Tintín no país dos soviets”a viaxe a Sydney “Voo 714 para Sydney”, pasando polos Estados Unidos “Tintín en América”, África “Tintín no Congo”, América do Sur “As sete bólas de cristal” e “O templo do Sol” Arabia e India “Os cigarros do faraón”, China “O loto azul”...Tintín entra en contacto con diversas culturas.

Nós fixemos na festa de carnaval unha especie de paralelismo coas viaxes de Tintín representando con traxes e vestimentas algunhas desas culturas que Hergé mostrou a través das viaxes do seu personaxe máis famoso.


Co ánimo de que todo o alumnado participase na elaboración dun libro, o equipo da biblioteca implicou ao profesorado na súa confección.
As follas do libro están en cartolina A4 de cores, segundo o ciclo
(amerelo, verde, azul...)
Cada clase elaborou (escribindo e ilustrando) a súa páxina.
A historia iniciose en Educación Infantil de 3 anos e rematouse no
terceiro ciclo, en 6º de Primaria.
Este proceso implicou a lectura previa das páxinas xa confeccionadas,
ás que tiveron que darlle continuidade.
Cada páxina elaborada deu forma ao libro que amosamos.






SEMANA DA PRENSA


A aula de lectura e consulta da biblioteca durante esta semana contribuíu a mostrar a variedade de prensa escrita, a comparar, a ler...

  • Xornais en castelán, galego, inglés, francés...

  • Difundir as revistas que se fixeron no centro en anos anteriores "O Alustre", e de outros colexios.
  • O noso obxectivo foi fomentar a prensa na escola nas actividades diarias.






DÍA DE ROSALÍA

http://centros.edu.xunta.es/ceipcalvosotelo/files/poemas%20de%20Rosalía.pdf








DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Con motivo do día mundial da poesía, leváronse a cabo as seguintes propostas educativas:
1º Ciclo: *Autobiografía Gloria Fuertes.
*Escolma e libros da autora para ler nas aulas.
2º e 3º Ciclos:
*Biografía de Manuel María.
*Lectura da obra "Os soños na gaiola".

http://www.elhuevodechocolate.com/







Comezamos un novo curso agardando que vos acheguedes á Biblioteca como no curso anterior tendo en conta o seguinte
horario.
Esperamos que leades moito e que vos gusten todas as actividades que vos temos preparadas.
Graciñas








Como xa sabedes,no mes de outubro houbo unha exposición de "marcadores de libros" (que nos prestou unha profesora) no taboleiro da entrada principal do colexio.


Tamén cos orixinais vosos que nos achegastes ao longo do mes fixemos outra exposición no mesmo lugar.
VISITÁDEOS , SON MOI BONITOS !!!!!!!!




Nesta presentación tedes algúns dos carteis representativos de cada nivel.

Como ao final do curso pasado non foi posible publicalos, agora xa podedes velos e aprender novas técnicas e formas de expresión.


DEREITOS DOS NENOS E NENAS




Esperamos que estas pequenas guías vos axuden a ler e compartir lectura en familia e cos vosos compañeiros.

BO NADAL.






Os nosos maiores teñen verdadeiros tesouros agochados e nós debemos achegarnos a eles para descubrilos.
Na tardiña de onte (17 de decembro), dous deles, Xosé e Eduardo visitaron o noso colexio para contar as súas vivencias e o seu saber. Nós escoitamos con moito cariño e curiosidade os avatares pasados nas diferentes etapas da súa vida.
Lembraron os tempos pasados: como xogaban, como facían os xoguetes, a comida, os traballos, as diversións e as reunións, o pouco que tiñan e o ben que o pasaban, da importancia e o valor que tiñan as cousas, dos cartos que non había, da reciclaxe sen coñecela, do coidado do medio, de .... e como estamos preto do Nadal, Xosé (95 anos) cantounos unha panxoliña e contounos o que facían nestas datas cando era rapaz.
Gustaron moito as adiviñas, das que por certo acertamos moitas. Tamén houbo moitas preguntas.

O noso agradecemento a Xosé e a Eduardo e a todas as persoas maiores que manteñen viva a nosa historia.




DIA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Celébrase o 30 de xaneiro.

Os obxectivos son: educar na tolerancia, na solidariedade, na concordia, no respecto aos dereitos humanos e á paz.

POR QUE celebramos ese día ?

Lembramos a morte de Mahatma Gandhi (30/01/1948), lider nacional e espiritual da India, con actividades educativas para fomentar a convivencia entre os nenos e as nenas.

Neste día, e todo o ano, realizades actividades de lectura (libros con esta temática), civismo (nos recreos), apoio aos máis desfavorecidos (Haití), de compañerismo...

AQUÍ TEDES RECURSOS QUE PODEDES UTILIZAR NAS AULAS ,nelas atoparedes: biografías, xogos, poesías, contos , ....que nos fan reflexionar sobre a importancia e o valor de convivir en paz.
Gracias a todos por compartir o voso traballo.

http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=77021





Mirando ao ceo nunha noite estrelada, dámonos conta de cantos misterios nos quedan por descubrir.
Coa proposta que fixemos dende a Biblioteca, estas son as vosas respostas.
Se aínda tedes dúbidas podedes consultar estas páxinas web:

http://www.astrored.org/

www.iac.es/AA/AAM/enlaces.html

www.spaceplace.jpl.nasa.gob/español/

www.cienciaparaniños.com/

AQUÍ ESTÁ A PRIMEIRA PARTE DO TRABALLO


Aquí atoparedes información da escritora a quen se lle dedica esta data en Galicia.

Rosalía De Castro
View more documents from boello.

www.rosaliadecastro.org/
Moi interesante os poemas musicados por grandes cantantes:
http://www.youtube.com/watch?v=bKyV23TssEY
Máis vídeos
http://www.youtube.com/watch?v=bKyV23TssEY
http://www.youtube.com/watch?v=86nzp0_Hafo


Na Biblioteca estamos a traballar constantemente para mellorar a competencia lectora do noso Centro: ofertando variedade e renovándonos na medida das nosas posibilidades; temos en conta as suxerencias de alumnos e de profesores;facemos propostas e elaboramos materiais, formamos usuarios, etc.
Mención especial a aqueles alumnos e alumnas colaboradores que nos axudan desinteresadamente, a diario, nas súas horas de lecer e que co seu traballo tamén contribúen á mellora da lectura no seu entorno.
A primeira celebración do ano no centro foi o Entroido que dedicamos ao "LIBRO E A LECTURA".Aí vos vai un adianto.

Entroido 10
View more presentations from boello.
Segunda parte do traballo"Descubre o Universo", que se fixo,como a primeira e a terceira parte,con parte dos traballos que voluntariamente elaborastes; algúns non aparecen porque repiten o mesmo tema.
Aquí, e tamén impreso na Biblioteca,podédelo ler para saber máis e mellorar os erros que seguro atoparedes.
ASTRONOMÍA:Los planetas del Sistema Solar.

Sistema Solar
View more presentations from boello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario