Boello e o Equipo da Biblioteca impulsamos no noso centro educativo unha moi necesaria temática a traballar con todo o noso alumnado, "CorpoPlanet" porque pensamos que estamos nese momento da historia da Humanidade na que necesitamos virar o noso rumbo para volver aprender a escoitar o noso corpo e a nosa mente e darlle os coidados necesarios para ter a enerxía que precisamos para poder coidar o noso agonizante planeta.
Moi prontiño teredes as nosas recomendacións lectoras!!!
Boello e Equipo da Bibiloteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
01/09/2022
_________________________________________
COIDAMOS O NOSO CORPO E A NOSA MENTE!!!
Boello e o Equipo da Biblioteca queremos agasallarvos estas lindas recomendacións lectoras para este primeiro trimestre porque temos que comezar por aprender a coidar do noso corpo e da nosa mente para crecer fortes e ter unha boa saúde para impulsar o cambio que necesita o noso planeta para soñar cun futuro mellor para as novas xeracións que habitarán a Terra.
Recomendacións Lectoras para impulsar o coidado da mente
- Diario de las emociones de Anna Llenas
- El monstruo de colores de Anna Llenas
- La joya interior de Anna Llenas
- Te quiero (casi siempre) de Anna Llenas
- Yo voy conmigo de Raquel Díaz Reguera
- El hilo invisible de Miriam Tirado
- Ponte en mi lugar de Susanna Isern
- Así es mi corazón de Jo Witek
Recomendacións Lectoras para impulsar o coidado do corpo
- Cuentos de Lucía, mi pediatra de Lucía Galán Bertrand
- Cuentos de otoño de Lucía, mi pediatrade Lucía Galán Bertrand
- Cuentos de invierno de Lucía, mi pediatrade Lucía Galán Bertrand
- Cuentos de primavera de Lucía, mi pediatrade Lucía Galán
- Cuentos de verano de Lucía, mi pediatrade Lucía Galán Bertrand
- Cuentos de Lucía, mi pediatra 2 de Lucía Galán Bertrand
- ¡Lávate las manos! de Dos Pediatras en Casa
- ¿Higiene y limpieza, por dónde se empieza? de Elisa Cucinelli
- ¡Qué jaleo, Timoteo! de Gracia Iglesias
- Mia y Bruno crecen sanos de Mónica Peitx
Recomendacións Lectoras para impulsar o coidado da mente
- El gran libro de las emociones de María Menéndez Ponte
- ¿Qué necesito cuando me enfado? de Tania García
- Orejas de mariposa de Luisa Aguilar
- Estoy contigo de Gori Doerrfeld
- ¿Cómo te sientes hoy? de Molly Potter
- Necesito un abrazo de Aaron Blabey
- Emocionario de Cristina Pereira
- ¿Qué nos hace felices? de Marie-Agnès Gaudrat
- ¿De qué color es un beso? de Rocío Bonilla
- El arte de emocionarte de Cristina Nuñez
Moi prontiño teredes novas recomendacións lectoras!!!
Boello e Equipo da Bibiloteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
01/10/2022
_________________________________________
COIDAMOS A NOSA ALIMENTACIÓN!!!
Boello e o Equipo da Biblioteca queremos invitarvos a ler estas saborosas recomendacións lectoras para este segundo trimestre porque para o camiño iniciado no anterior trimestre ten que continuar cunha saudable alimentación para que sempre teñamos o noso corpo a punto e a nosa mente vigorosa para poder impulsar con gran dinamismo a transición a un mundo mellor coidado para as súas novas xeracións.
Recomendacións Lectoras para impulsar unha alimentación saudable
- Los alimentos, ¡Mira debajo! de Emily Bone
- Ciclo del agua de Cristina Quental
- Ciclo del aceite de Cristina Quental
- Ciclo de la leche de Cristina Quental
- Ciclo del huevo de Cristina Quental
- Ciclo de la miel de Cristina Quental
- Ciclo del arroz de Cristina Quental
- Ciclo del pan de Cristina Quental
- Ciclo del chocolate de Cristina Quental
- El recetario mágico de Desiree Arancibia López
Recomendacións Lectoras para impulsar unha alimentación saudable
- ¡Puaaj! de Juan Llorca
- ¡Qué rico! de Alexandra Maxeiner
- ¡Esa fruta es mía! de Anuska Allepuz
- El viaje del brocolí de Pilar Serrano
- La rebelión de las verduras de David Aceituno
- ¡A comer sano! de Patricia Geis
- Las verduras exploradoras de María del Mar Justicia
- Sabores, un cuento para comer sano de María Such
- Avocado Baby de Jonh Burningham
- ¡Ñam!, sobre lo que comemos de Diana Oliver
Recomendacións Lectoras para impulsar unha alimentación saudable
- Comecuentos de Joan de Déu Prats
- Sopa de calabaza de Helen Cooper
- Sopa verde de Ángela Madeira
- Tino al rescate de Cecilia de la Vega
- Sanotes, sanitos de Blanca García
- Todos a la mesa de Victoria Lozada
- La pequeña oruga glotona de Eric Carle
- La huerta de Simón de Rocío Alejandro
- Una cocina como un huerto de Alain Serres
- Yo me pregunto... Los alimentos de Katie Daynes
Moi prontiño teredes novas recomendacións lectoras!!!
Boello e Equipo da Bibiloteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
01/01/2023
_________________________________________
COIDAMOS O NOSO PLANETA!!!
Boello e o Equipo da Biblioteca queremos propoñervos estas interesantes recomendacións lectoras para este terceiro trimestre porque agora que xa nos mergullamos no coidado do noso corpo e da nosa mente e aprendemos a importancia vital dunha boa alimentación xa temos a fortaleza necesaria para impulsar o coidado no noso planeta que está pedíndonos un cambio de rumbo para volver a sentir a necesidade de vivir en harmonía coa nosa madre Terra e todas as súas impresionantes marabillas.
Recomendacións Lectoras para impulsar a conservación do noso planeta
- 50 Ecogestos del Búho Ernesto de Ecokids
- 80 Aactividades en la Naturaleza de Guilhem Lesaffre
- Entorno Eco del Pollito Alberto de Ecokids
- El Libro de la Ecología de Sandra Laboucarie
- Protege tu planeta de Oxigen
- Monstro Azul de Olga de Dios
- Pájaro Amarillo de Olga de Dios
- Rana de Tres Ojos de Olga de Dios
- Alana, la bailarina del agua de Alice Cardoso
- Alanay las algas misteriosas de Alice Cardoso
Recomendacións Lectoras para impulsar a conservación do noso planeta
- La Tarea de las Abejas de Lili la Baleine
- Contaminación por plástico de Andrèe Poulin
- Greta, la lucha de una niña por salvar el planeta de J. Winter
- Héroes del reciclaje (Material Reciclado) de Carla Luna
- Héroes del reciclaje (Reciclaje Orgánico) de Carla Luna
- Héroes del reciclaje (Vidrio) de Carla Luna
- Héroes del reciclaje (Pilas, Baterías y Aparatos) de Carla Luna
- Héroes del reciclaje (Reciclaje Textil y Calzado) de Carla Luna
- Héroes del reciclaje (Papel y Cartón) de Carla Luna
- Héroes del reciclaje (Plásticos, Bricks y Latas) de Carla Luna
Agardamos que as nosas recomendacións lectoras sexan do voso agrado!!!
Boello e Equipo da Bibiloteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
01/04/2023
Para o ano vindeiro teremos moitas máis recomendacións lectoras para toda a nosa cativada lectora!!!
_________________________________________
_________________________________________
2022-2023
_________________________________________
_________________________________________
CONTOS, LIBROS E DEMAIS CURIOSIDADES IMPRESAS!!!
2021-2022
O Equipo da Biblioteca do noso dinámico cole ten un soño xigantescamente ilusionante que consiste en intentar de mil xeitos diferentes agasallar a todo o alumnado co marabilloso mundo da lectura.
Así que pensamos en crear esta nova páxina para recomendarvos contos, libros e demais curiosidades impresas que nos parecen ben interesantes para animarvos a que descubrades e desfrutedes do asombroso mundo da lectura.
Para inaugurar esta nova páxina que mellor que este fermoso conto que nos invita a ler e a ler sen parar porque con cada relato escrito podemos viaxar, descubrir, coñecer e imaxinar mil e unha enriquecedoras aventuras grazas a nosa imaxinación lectora.
Moi prontiño teredes novas recomendacións lectoras!!!
Boello e Equipo da Bibiloteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo - 31/10/2021
_________________________________________
MERGUSARLLE NA LECTURA DA DIVERSIDADE AUDITIVA E VISUAL!!!
Neste primeiro trimestre no cole mergullámonos no mundo da diversidade auditiva e visual para que todo o alumnado do noso dinámico cole coñeza, comprenda e respecte a todas as persoas na súa variada e enriquecedora diversidade.
Un xeito marabilloso de afondar en ambas diversidades é a través do marabilloso mundo da lectura. Por ese motivo o Equipo da Biblioteca quere recomendarvos estes fabulosos contos para que poidades vivir na vosa mente e no voso corazón ambas diversidades a través da lectura:
1.- A diversidade auditiva dificulta, en diferentes grados, o contacto co mundo e coas persoas polo medio auditivo e moitas persoas necesitan o uso de audiófonos para superar estas barreira polo que nestes dous contos que vos recomendamos o noso amigo Oliver nos relata os cambios significativos no seu día a día polo seu uso, os coidados que precisan e as dificultades que traen implícitas en lugares demasiado ruidosos como a escola.
Aquí vos deixamos un vídeo relatando a primeira historia de Oliver para animarvos a ler ámbolos dous contos para afondar profundamente na diversidade auditiva.
2.- A diversidade visual impide a moitas persoas desfrutar das cores do noso planeta polo no que Tomás nos invita a ver o mundo cos outros sentidos porque se somos capaces de abrir a nosa limitada visión cun so sentido para poder sentir con todo o noso corpo cada estímulo que a vida nos invita a desfrutar poderemos descubrir que o mundo crece ante nós en infinidade de cores, olores, sabores, texturas... e enriquecedoras sensacións.
Aquí vos deixamos un vídeo do conto para que vos fagades unha idea da fermosura de historia que se agocha detrás das tapas deste conto pero temos que confesarvos que o a verdadeira esencia esta no conto impreso en papel, si ou si.
Moi prontiño teredes novas recomendacións lectoras!!!
Boello e Equipo da Bibiloteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo - 30/11/2021
_________________________________________
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE BOELLO PARA O NADAL!!!
Querido alumnado amigo de Boello:
Hoxe comezan as vosas merecidísimas vacacións porque este trimestre loitáchedes vigorosamente para conseguir facer máis pequeniños os vosos "Limits" e traballáchedes incansablemente para lograr facer máis grande os vosos "Powers" e grazas ao voso inmenso esforzo cada vez estamos máis pretiño de acadar o noso soño de facer máis grande a palabra "DiverCapacidade".
A nosa mascota Boello quere agradecervos inmensamente os vosos logros e pensa que o mellor xeito é facéndovos entrega destes dous presentes cunhas lindísimas recomendacións lectoras tanto para o grupiño de prelector@s e primeir@s lectores como para o grupiño de lector@s autónom@s e expert@s.
Oxalá todas as propostas de Boello sexan do voso agrado e vos mergullen en marabillosas aventuras, vivencias, aprendizaxes e soños no inmenso oceáno da lectura.
Dende o Equipo da Biblioteca queremos desexarvos unhas felices vacacións lectoras, unhas felices festas familiares e un feliz aninovo no que seguiremos soñando cun mundo decorado coa nosa enriquecedora "DiverCapacidade".
Apertas agarimosamente lectoras,
Boello e Equipo da Bibiloteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo - Nadal 2021/2022
_________________________________________
A MAXIA DO NADAL E A ILUSIONANTE CHEGADA DOS REIS MAGOS!!!
Nestas marabillosas datas de Nadal nas que nos atopamos a máis agarimosa maxia inunda as nosas rúas, as nosas casas, as nosas familias e amizades e sobre todo o noso corazón que latexa con gran intensidade desfrutando de cada intre coa nosa xentiña querida.
Un deses intres máxicos sen dubidalo é a chegada dos Reis Magos as nosas casas tras percorrer miles e miles de quilómetros dende Oriente porque ao romper do día agardamos con grandísima impaciencia que os nosos soños se fixeran realidade. Pero que acontece se esa noite non nos acostamos demasiado cedo ou como a Martiño nos entrar ganiñas de facer pis!?
Podes descubrilo neste lindo conto envolto nun fabuloso maxín infantil...
Moi prontiño teredes novas recomendacións lectoras!!!
Boello e Equipo da Bibiloteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo - 31/12/2021
_________________________________________
GNOMA, APRENDAMOS A CONVIVIR RESPECTANDO AS NOSAS DIFERENZAS!!
A profe Sonia, que durante este ano académico form parte do noso Equipo da Biblioteca, quere celebrar o día da Paz e da Non Violencia con tod@s @s amantes do mundo dos contos facéndonos este marabilloso agasallo no que con paciencia, dedicación, ilusión e creatividade foi quen de ir dándolle vida ao fermoso conto "Gnoma" de Emilia Lang e Eduard Blanch.
Os amantes do mundo dos contos como a profe Sonia vivirán con Matilda e Gwendoline as dificultades da diaria convivencia pero aprenderán que se somos quen de conseguir convivir respectando as nosas diferenzas a vida pode ser realmente enriquecedora nun mundo que deste xeito cada vez será máis planetariamente pacífico e humano.
Graciñas mil a profe Sonia polo seu esperanzador agasallo lector!!!
Boello e Equipo da Bibiloteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo - 30/01/2022
_________________________________________
MOVERNOS AO COMPÁS DA PARÁLISE CEREBRAL!!!
Neste mes de febreiro no noso emprendedor cole andivemos a movernos ao compás da parálise cerebral para que o alumnado comprenda o impresionante mundo vital das loitadoras persoas con esta diversidade funcional que sempre coa súa voz interna e externa nos está a convidar para que sexamos capaces de bailar ao seu ritmo sen parar.
Así que para bailar ao seu ritmo sen parar puxémonos en movemento ao compás das diversas cancións e das inclusivas letras que se agochan tras as tapas dos libros do máxico tren de "María FumaÇa" dirixido polo maquinista do amor, Ruí Sío, e toda a súa fermosa xentiña familiar e amistosa que nos invitan dun xeito marabillosamente fantástico a vivir o mundo da "DiverCapacidade" da parálise cerebral de Ruí.
Así que para bailar ao seu ritmo sen parar puxémonos en movemento ao compás das marabillosas cancións e das orixinais letras que se agochan tras as tapas do libro de "A Comuna del Barruzo". Esta peculiar Comuna guiada pola nosa linda Lúa Gargayú e acompasada coa fortaleza maternal da Nena Pisquela e a valentía paternal da Illa dos Ventos nos invitan a vivir dun xeito intensamente fabuloso o mundo da "DiverCapacidade" da parálise cerebral de Lúa.
Graciñas mil a Ruí&Family e a Lúa&Family
por cada nota e cada letra!!!
Boello e Equipo da Bibiloteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo - 28/02/2022
_________________________________________
XOANIÑAS A VOAR!!!
Este mes de marzo o alumnado máis cativo do noso centro educativo tivo a sorte de poder desfrutar do fermoso conto musical "A voar" en vivo e en directo seguindo o ritmo ben marchoso que marcaba o impresionante contacontos musical "Cé Orquestra Pantasma".
Así que este mes queremos invitarvos a viaxar coa pequena xoaniña Xoana quen, movida pola curiosidade máis curiosa non pode nunca deixar de desexar voar. A magnífica viaxe na súa compañía enriquecerá a cativ@s e adultos con fermosas amizades que nos farán voar ao mundo dos valores universais que conseguirán que pequen@s e grandes sempre intentemos soñar con vivir nun mundo mellor.
Graciñas a Cé Orquestra Pantasma por facer
voar as nosas xoaniñas!!!
Boello e Equipo da Bibiloteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo - 11/03/2022
_________________________________________
TOQUE ESPECIAL SI,
EXTRATERRESTRE, NON!!!
Nesta nova recomendación lectora para conmemorar o Día do Libro queremos invitarvos, agora que xa sabemos moitas cousiñas sobre o Sídrome de Down, a descubrir a Pepita que é unha nena cun toque marabillosamente especial pola súa linda forma de querer e polo seu xeito de facer rir a tod@s @s que ten a sorte de forma parte da súa vida.
Nesta nova recomendación lectora para conmemorar o Día do Libro queremos invitarvos, agora que xa sabemos moitas cousiñas sobre o autismo, a descubrir a Leo un neno que percibe o mundo dun xeito diferente e que non pode empregar a linguaxe oral para expresar todo o seu mundo interior. Un marabilloso día aprende a comunicarse con palabras, pero ningunha delas sae da súa boca, para poder expresar que el non é un extraterrestre.
Pepita e Leo NON son extraterrestres
Pepita e Leo SI son especiais!!!
Boello e Equipo da Bibiloteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo - 23/04/2022
_________________________________________
CANTA O CUCO!!!
Nesta nova recomendación lectora para conmemorar o Día das Letras Galegas queremos que descubrades este marabilloso agasallo artístico que combina as lindísimas verbas de Manuel María, as fermosísimas notas musicais de Uxía Senlle e Magín Blanco e as marabillosas imaxes de Leandro Lamas.
Aquí vos deixamos uns pequeniños agasallos para que vos animedes a deixarvos levar intensamnete polo espíritu de conmemoración deste noso Día das Letras Galegas escoitando como "Canta O Cuco".
Oxalá o cantar do cuco sempre sexa en galego!!!
Boello e Equipo da Bibiloteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo - 17/05/2022
No hay comentarios:
Publicar un comentario