Guía de Usuari@s da Biblioteca Escolar de CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo!!!
2024-2025
Boello e o Equipo da Biblioteca do noso centro educativo queremos facilitar todo o posible a busca do voso libro en cada ocasión que teñades a marabillosa necesidade vital de mergullarvos no fantástico mundo da lectura.
Con tal motivo creamos esta Guía que compartimos con tod@s e cada un d@s nos@s usuari@s por medio desta canle virtual:
Os mobles da biblioteca están numeradas do 1 ao 14 e os
seus andeis teñen letras por orde alfabética, sendo o
andel A o superior.
Na nova sala de préstamo da biblioteca tes unha sección
para primeiros lectores (mobles do 1 ao 5). No resto dos mobles, os andeis indican a autonomía lectora dende o inferior ao superior, de menor autonomía ata lectores autónomos e experimentados.
Os teixiños dos libros sinalan o idioma do libro e a súa colocación na biblioteca:
Gal-13A(25)
A súa interpretación é:
Idioma galego
Moble 13 Andel A
Posto nº 25 no andel
Lembra que só podes levar a casa os materiais con teixiño branco. Os que teñen teixiño doutra cor, os poderás desfrutar na aula.
Os horarios de préstamos de libro son os seguintes:
LUNS
6ºB (Hora de ler) / 4ºA (4ª sesión) / 2ºC (5ª sesión)
MARTES
3ºA (3ª sesión) / 5ºC (Hora de ler) / 1ºB (4ª sesión) / 1ºC (5ª sesión)
MÉRCORES
3ºD (2ª sesión) / 6ºA (3ª sesión) / 4ºB (5ª sesión)
XOVES
4ºC (3ª sesión) / 5ºB (Hora de ler) / 2ºB (4ª sesión) / 1ºA (5ª sesión)
VENRES
2ºA (1ª sesión) / 6ºC (2ª sesión) / 3ºC (3ª sesión)
5ºA (Hora de ler) / 3ºB (4ª sesión)
O alumnado de Educación Infantil desfrutará do préstamo realizado nas súas aulas e coa axuda das súas titoras.
Este horario pode sufrir modificacións ao longo do curso, por motivos de organización, que serán notificadas con antelación.
Consulta aos encargados da biblioteca ou aos colaboradores da mesma calquera dúbida e pide sempre a axuda que necesites para atopar os materiais que precises.
FELICES LECTURAS E XOGOS!!!
BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA
CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO
No hay comentarios:
Publicar un comentario