viernes, 20 de junio de 2025

  BIBLIOTECA CREATIVA

"OBRADOIRO DE ROBÓTICA"


Boello e o Equipo da Biblioteca do noso centro educativo queriamos agradecer ao alumnado de 5º e 6º a súa colaboración durante todo este ano académico e especialmente a axuda prestada e a participación activa prestada nas actividades de conmemoración do Día do Libro cun Obradoiro de Robótica.



Este Obradoiro foi impartido por "Estudio 57" e o alumnado recompeNsado puido desfrutar da posibilidade de crear con Legos diferentes construcións. Posteriormente cunha programación sinxela, o alumnado engadiulle sons e movementos as súas construcións.




Tanto o alumnado como o profesorado quedamos moi satisfeitos con esta actividade e estas novas construcións xa forman parte da nosa Biblioteca para uso das novas xeracións de alumnado.




Oxalá nos vindeiros anos poidamos repetir este Obradoiro da Biblioteca Creativa de Boello porque foi moi interesante, creativo e innovador.

BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA

CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO

jueves, 5 de junio de 2025

 FOTOS DA HORA DE LER 

DOS GRUPOS C!!!

Boello e o Equipo da Biblioteca somos un grupo de mestras que  contamos co apoio incondicional do Equipo Directivo e coa colaboración activa de todo o profesorado do noso centro para poder ter un tempo no noso horario escolar para fomentar o hábito da lectura entre todo o alumnado do noso centro educativo.

Neste tempo de lectura son varias as modalidades empregadas para acadar o noso principal obxectivo: lectura en voz alta por parte do profesorado ou do alumnado, lectura silenciosa e individual.


Aquí vos deixamos unhas fotos desta marabillosa franxa horaria na que podedes desfrutar de todos os grupos C e o grupo D empregando o seu tempo de ler para percorrer a senda da lectura como un hábito indispensable para vivir unha vida máis saudable e que agardamos adquira todo o alumnado do noso centro educativo.

INFANTIL 3 ANOS C

INFANTIL 4 ANOS C

INFANTIL 5 ANOS C

1ºC

2ºC

3ºC

4ºC

5ºC

6ºC

O Boello e o Equipo da Biblioteca desexa con todo o seu afán que todo o alumnado do noso centro sempre se anime a ler, ler e volver a ler para unha vida máis feliz poder ter!!!

BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA

CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO

sábado, 31 de mayo de 2025

MAPA CRONOLÓXICO DAS CIVILIZACIÓNS DA IDADE ANTIGA E REFLEXIÓN DA HUMANIDADE!!!


Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar queremos compartir convosco un mapa cronolóxico do momento aproximado da fundación das diferentes civilizacións da Idade Antiga que fomos coñecendo ao longo deste ano académico nas intrépidas viaxes realizadas a través no noso blog.

Grazas a cada viaxe descubrimos e interiorizamos que a nosa especie existe dende fai 200.000 anos e que nos últimos 50.000 anos foi quen de crear miles de linguas; profesar diferentes relixións; construír asentamentos, pobos, cidades e civilizacións; percorrer todos os recunchos do planeta; inventar tecnoloxías e medios de transporte; curar enfermidades; plasmar o noso mundo por medio das artes e cultivar diversas culturas.

ABORÍXENES AUSTRALIANOS - 50.000 a.C. - OCEANÍA

MELANESIOS - 40.000 a.C. - OCEANÍA

NATIVOS AMERICANOS - 11.000 a.C. - AMÉRICA

NUBIOS - 5.000 a.C. - ÁFRICA

VAL DO INDO - 3.300 a.C. - ASIA ORIENTAL

SUMERIOS - 3.100 a.C. - ASIA OCCIDENTAL

ANTIGOS EXIPCIOS - 3.100 a.C. - ÁFRICA

MICÉNICOS - 3.000 a.C. - EUROPA

FENICIOS - 3.000 a.C. - ÁFRICA

ACADIOS - 2.340 a.C. - ASIA OCCIDENTAL

ASIRIOS - 2.000 a.C. - ASIA OCCIDENTAL

BABILÓNICOS - 1.792 a.C. - ASIA OCCIDENTAL

ANTIGOS CHINOS - 1.600 a.C. - ASIA ORIENTAL

OLMECAS - 1.600 a.C. - AMÉRICA

POLINESIOS - 1.500 a.C. - OCEANÍA

MICRONESIOS - 1.100 a.C. - OCEANÍA

ANTIGOS GREGOS - 800 a.C. - EUROPA

ANTIGOS ROMANOS - 753 a.C. - EUROPA

CELTAS - 700 a.C. - EUROPA

PERSAS - 539 a.C. - ASIA OCCIDENTAL

MAIAS - 300 d.C. - AMÉRICA

VIQUINGOS - 793 d.C. - EUROPA

INCAS - 1.100 d.C. - AMÉRICA

MONGOIS - 1.206 d.C. - ASIA ORIENTAL

AZTECAS - 1.325 d.C. - AMÉRICA

Moitas destas civilizacións e culturas antigas xa non existen e outras intentaron conservar as súas raíces pero con grandes dificultades porque o ser humano seguiu outros ritmos e camiños, sobre todo dende mediados do século XVIII coa Revolución Industrial. Neste momento histórico, grazas a mecanización e a invención dos motores, os humanos puideron viaxar máis lonxe e máis rápido que nunca antes na súa historia. 

 

Ademais os imperios europeos puideron expandirse con gran velocidade para controlar os territorios con abundancia de recursos e mercadorías. Estes imperios modernos (sobre todo o británico e o francés) foron desaparecendo poucos séculos despois da súa creación e os países consquistados conseguiron gobernar as súas nacións con independencia destas grandes potencias.


Nos nosos días estamos a vivir unha nova era coñecida como Revolución Tecnolóxica pero debemos ser precavidos co seu uso porque a tecnoloxía avanza a un ritmo tan vertixinoso que está invalidando a súa propia evolución e a do propio ser humano.


Outro gran desafío que temos entre mans é a superpoboación do planeta e as consecuencias negativas que está tendo o noso comportamento na natureza e no equilibrio natural da vida na Terra.

Non debemos esquecer todo o aprendido na nosa viaxe á Idade Antiga durante este ano académico porque os nosos antepasados foron capaces de superar grandes obstáculos e buscar solucións para mellorar a súa calidade de vida como debemos facer agora nós xa que somos seres cunha gran capacidade de resistencia e cunha gran intelixencia.

Boello e o Equipo da Biblioteca desexamos que o noso alumnado teña o seu alcance todos os coñecementos posibles sobre a Historia da Humanidade para ser o motor de cambio para as novas xeracións do noso planeta.

BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA

CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO