martes, 9 de diciembre de 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS

Durante o mes de outubro e novembro, puxéronse en marcha as mochilas viaxeiras de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria. 














Levamos moitos anos realizando esta actividade de fomento da lectura que pon en movemento unhas mochilas que van de casa en casa con contos para compartir en familia. A mochila está unha semana en cada casa e despois de desfrutala pódense enviar diferentes suxestións ao correo da Biblioteca: ceipcalvosotelo@gmail.com

  • Concienciar ás familias do importante papel que desempeñan no fomento da lectura: Se ti les, eles len. 






  • Mellorar o hábito lector do noso alumnado. - Propiciar momentos de encontro entre os membros da familia tomando como motivo o mundo dos libros. 

  • Animarvos a que compartades cos vosos fillos e fillas un anaco do voso tempo de ocio arredor da lectura. 
  • Fomentar a conversa en familia sobre o tema dun libro. 


  • Reforzar o vínculo entre a familia e a escola no seu labor para a formación de lectores.

martes, 25 de noviembre de 2025

A violencia de xénero non é ningún conto!

 




A semana pasada, no noso centro, descubrimos contos marabillosos, contos que parecían “inofensivos”, pero que removían conciencias e que nos deixaron reflexións inesquecibles. Contos únicos e actuais para dar paso a un futuro no que as rapazas poidan vencer soas e os rapaces non teñan medo a pedir axuda. Estes son os relatos que homes e mulleres temos que compartir, para poder empezar a escribir entre tod@s xunt@s unha historia distinta.


Contáronnos que non a todas as nenas lles gusta a cor rosa, 
que as mulleres poden dicir non, 
que non todas queren ser princesas, 
que podemos voar alto e ser o que queiramos ser, 
que somos capaces de cambiar o mundo, 
que podemos rebelarnos,
que non somos perfectas nin é necesario, 
que podemos salvarnos soas, aínda que sexamos princesas 
e que se temos que buscar o noso lugar,... 
sempre iremos coa mellor compañía: Nós mesmas!

martes, 4 de noviembre de 2025

BiblioBoello na Idade Media

Neste curso 2025-2026 as activades de lectura, escritura e acceso á información que promove a nosa bilbioteca xirarán entorno ö tema da Idade Media.

Moitos dos  obradoiros que se levarán a cabo no noso centro a través do programa de Biblioteca Creativa intentarán fomentar, estimular e apoiar a aprendizaxe de diferentes aspectos desta etapa tan apaixoante da historia.

Profundizaremos no tema dun xeito máis lúdico grazas as actividades do proxecto DigiCraft de formación en habilidades e competencias dixitais a través do xogo e a experimentación, incluído no programa da nosa biblioteca.

 

 

 

O alumnado colaborador, de 6º de E.P., prestará a súa axuda na organización e realización de moitas destas tarefas.

 


 Iniciamos o proxecto coa decoración dos corredores do colexio para a festividade de Samaín.







viernes, 24 de octubre de 2025

Dia das Bibliotecas Escolares


Como cada 24 de outubro, BiblioBoello está preparado para acoller a todos os membros do noso colexio para colaborar na mellora da competencia lectora do noso alumnado e o fomento da lectura crítica; mellorando a produción de textos escritos en diferentes soportes; e favorecendo as alfabetizacións múltiples (visual, informacional e mediática) dos nenos e nenas estimulando o uso crítico da información.


jueves, 26 de junio de 2025

LECTURAS RECOMENDADAS

POR BOELLO

PARA ESTE VERÁN!!!


O Equipo da Biblioteca do noso centro educativo quere compartir convosco as lecturas recomendadas pola nosa mascota Boello para este verán.

EDUCACIÓN INFANTIL

"A zebra Camila" de Marisa Núñez y Óscar Villán.

"Vivan las uñas de colores" de Alicia y Gusti Acosta.

1 º e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

"Andeis baleiros" de Susana Lamela Pérez.

"Siempre serás un chico especial" de Isabella Miller.

3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

"Tres bichicomas, dúas illas e unha serea" de Rosa Aneiros.

"La increíble historia del monstruo del Palacio de Buckingham" de David Wallians.

5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

"Quen precisa unha avoa?" de Andrea Barreira Freije.

"Juan sin móvil" de José Vicente Sarmiento Illán.

Boello e o Equipo da Biblioteca desexa que o noso alumnado desfrute moito das vacacións de verán con cadansúa familia e amizades e que sempre se anime a ler, ler e volver a ler para unha vida máis feliz poder ter!!!

BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA


CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO

viernes, 20 de junio de 2025

  BIBLIOTECA CREATIVA

"OBRADOIRO DE ROBÓTICA"


Boello e o Equipo da Biblioteca do noso centro educativo queriamos agradecer ao alumnado de 5º e 6º a súa colaboración durante todo este ano académico e especialmente a axuda prestada e a participación activa prestada nas actividades de conmemoración do Día do Libro cun Obradoiro de Robótica.



Este Obradoiro foi impartido por "Estudio 57" e o alumnado recompeNsado puido desfrutar da posibilidade de crear con Legos diferentes construcións. Posteriormente cunha programación sinxela, o alumnado engadiulle sons e movementos as súas construcións.




Tanto o alumnado como o profesorado quedamos moi satisfeitos con esta actividade e estas novas construcións xa forman parte da nosa Biblioteca para uso das novas xeracións de alumnado.




Oxalá nos vindeiros anos poidamos repetir este Obradoiro da Biblioteca Creativa de Boello porque foi moi interesante, creativo e innovador.

BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA

CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO