A semana pasada, no noso centro, descubrimos contos marabillosos, contos que parecían
“inofensivos”, pero que removían conciencias e que nos deixaron reflexións inesquecibles.
Contos únicos e actuais para dar paso a un futuro no que as rapazas poidan vencer soas e
os rapaces non teñan medo a pedir axuda.
Estes son os relatos que homes e mulleres temos que compartir, para poder empezar a
escribir entre tod@s xunt@s unha historia distinta.
Contáronnos que non a todas as nenas lles gusta a cor rosa,que as mulleres poden dicir non,que non todas queren ser princesas,que podemos voar alto e ser o que queiramos ser,que somos capaces de cambiar o mundo,que podemos rebelarnos,que non somos perfectas nin é necesario,que podemos salvarnos soas, aínda que sexamos princesase que se temos que buscar o noso lugar,...
sempre iremos coa mellor compañía: Nós mesmas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario