Durante o mes de outubro e novembro, puxéronse en marcha as mochilas viaxeiras de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria.
Levamos moitos anos realizando esta actividade de fomento da lectura que pon en movemento unhas mochilas que van de casa en casa con contos para compartir en familia. A mochila está unha semana en cada casa e despois de desfrutala pódense enviar diferentes suxestións ao correo da Biblioteca: ceipcalvosotelo@gmail.com
- Concienciar ás familias do importante papel que desempeñan no fomento da lectura: Se ti les, eles len.
- Mellorar o hábito lector do noso alumnado. - Propiciar momentos de encontro entre os membros da familia tomando como motivo o mundo dos libros.
- Animarvos a que compartades cos vosos fillos e fillas un anaco do voso tempo de ocio arredor da lectura.
- Fomentar a conversa en familia sobre o tema dun libro.
- Reforzar o vínculo entre a familia e a escola no seu labor para a formación de lectores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario