lunes, 27 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

En Educación Infantil, tamén celebramos o día do libro cos contos preferidos do alumnado. 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cada neno e nena trouxo o seu libro favorito para compartir na aula cos seus compañeiros e compañeiras.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademais, ao igual que en EP, decoraron as cubertas medievais con debuxos deses contos preferidos.

 

sábado, 25 de abril de 2026

23 DE ABRIL-DÍA DO LIBRO

Durante o mes de abril estamos a realizar na biblioteca do noso centro unha chea de actividades diferentes para conmemorar o DÍA DO LIBRO.

 

 

 

 

 

O alumnado colaborador (nenas e nenos maiores que axudan no desenvolvemento de obradoiros e outras tarefas da biblio) fíxolle unha proposta aos  estudantes de 3º de E.P á que se uniron moitos outros niveis do centro. Consistía na elaboración dunha portada do seu libro favorito seguindo un deseño medieval, xa que A IDADE MEDIA é o tema que traballamos durante este curso en todas as actividades que se fan.

  

Parte do alumnado que colaborou coa Biblio na presentación desta actividade.


A grande participación e a calidade creativa e artística dos traballos presentados dá idea do que nos gusta ler neste cole e o moito que se valora este amigo noso : O LIBRO.

 

lunes, 20 de abril de 2026

OBRADOIRO DE COLLAGE CON CARLOS GALLEGO

Comezamos a Semana do Libro coa colaboración dun artista xa coñecido no noso centro.


 

 Carlos Gallego volveu un vez máis a sorprender e estimular a creatividade do alumnado máis pequeno do noso cole: os nenos a as nenas de E.I, que coa axuda inestimable dos nosos colaboradores e colaboradoras da Biblioteca lograron facer verdadeiras obras de arte coas súas manciñas e uns recursos moi sinxelo.

miércoles, 25 de marzo de 2026

Hora de Ler


 

 

 

 

 

Lembrade que, como cada ano, seguimos adicando unha franxa diaria ao tempo de lectura:

 

 
No noso centro este espazo vense desenvolvendo todos os días de 12 a 12:20 h (despois do recreo).
 


Esta actividade recollerase no novo Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información (PLEA). O obxectivo fundamental desta práctica é o fomento do hábito lector, o desenvolvemento da competencia lectora e o gozo persoal da lectura, así como a mellora da comprensión lectora, o fomento dun lectura crítica, creativa e reflexiva, e o perfeccionamento da expresión oral e escrita.






 
 


lunes, 9 de febrero de 2026

Que ves no espello?

 

 

 

Alejandro López Álvarez, autor do libro "Las amigas del espejo" visitounos o venres 6 de febreiro para compartir o seu primeiro libro co alumnado de 3º e 4º de E.P.

 

Emma e Lúa son dúas nenas que descobren a través dun espello a marabillosa aventura que é aprender a quererse, 

valorarse e confiar nun mesmo, acadando así o maior dos tesouros: a felicidade.

 

 

 O autor falounos da aventura que foi para el e para as súas fillas escribir e publicar este libro, procesos nos que as nosos compañeiras participaron activamente.

Leu para todo a alumnado e profesorado presente na biblioteca o comezo desta marabillosa historia, deixándo en nós moitas ganas de saber como continúa a aventura destas dúas irmás.

 

 


E  como adoita suceder cando estamos cun autor e o libro que escribíu na man, pedímoslle que nos asinara un exemplar.

Emma e Lúa seguro que non esqueceran nunca o día no que seu pai visitou o cole para presentar o libro que escribíu para elas.

E nós tampouco!





 


martes, 9 de diciembre de 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS

Durante o mes de outubro e novembro, puxéronse en marcha as mochilas viaxeiras de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria. 














Levamos moitos anos realizando esta actividade de fomento da lectura que pon en movemento unhas mochilas que van de casa en casa con contos para compartir en familia. A mochila está unha semana en cada casa e despois de desfrutala pódense enviar diferentes suxestións ao correo da Biblioteca: ceipcalvosotelo@gmail.com

  • Concienciar ás familias do importante papel que desempeñan no fomento da lectura: Se ti les, eles len. 






  • Mellorar o hábito lector do noso alumnado. - Propiciar momentos de encontro entre os membros da familia tomando como motivo o mundo dos libros. 

  • Animarvos a que compartades cos vosos fillos e fillas un anaco do voso tempo de ocio arredor da lectura. 
  • Fomentar a conversa en familia sobre o tema dun libro. 


  • Reforzar o vínculo entre a familia e a escola no seu labor para a formación de lectores.

martes, 25 de noviembre de 2025

A violencia de xénero non é ningún conto!

 




A semana pasada, no noso centro, descubrimos contos marabillosos, contos que parecían “inofensivos”, pero que removían conciencias e que nos deixaron reflexións inesquecibles. Contos únicos e actuais para dar paso a un futuro no que as rapazas poidan vencer soas e os rapaces non teñan medo a pedir axuda. Estes son os relatos que homes e mulleres temos que compartir, para poder empezar a escribir entre tod@s xunt@s unha historia distinta.


Contáronnos que non a todas as nenas lles gusta a cor rosa, 
que as mulleres poden dicir non, 
que non todas queren ser princesas, 
que podemos voar alto e ser o que queiramos ser, 
que somos capaces de cambiar o mundo, 
que podemos rebelarnos,
que non somos perfectas nin é necesario, 
que podemos salvarnos soas, aínda que sexamos princesas 
e que se temos que buscar o noso lugar,... 
sempre iremos coa mellor compañía: Nós mesmas!