lunes, 14 de octubre de 2024

 ENRIQUECEDOR VIAXE  AS CIVILIZACIÓNS DA IDADE ANTIGA!!!


Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar invitamos a toda a comunidade do noso centro educativo a participar nunha nova proposta de temática global, o enriquecedor viaxe as civilizacións da Idade Antiga que traballaremos ao longo de todo este ano escolar.

O motivo que nos impulso a decantarnos por esta temática foi que nos parece fundamental que coñezamos o noso pasado para poder comprender mellor o noso presente e sobre todo que deste xeito sexamos capaces de reflexionar sobre os acertos e erros anteriores e presentes para poder ter un esperanzador futuro para as novas xeracións que habitarán o noso planeta.

Viaxaremos a:

  • África para coñecer detalles moi interesantes sobre os nubios, os exipcios e os fenicios.
  •  Oceanía para afondar no coñecemento dos aborixes australianos, dos micronesios, dos melanesios e dos polinesios.
  • Asia Occidental para descubrir o mundo dos sumerios, dos acadios, dos asirios, dos babilonios e dos persas.
  • Asia Oriental para mergullarnos no modo de vida dos pobos do val do Indo, dos antigos chinos e dos mongois.
  • Europa para saber datos fundamentales sobre os micénicos, os antigos gregos, os antigos romanos, os celtas e os viquingos.
  • América para indagar sobre o xeito de vida dos nativos americanos, dos olmecas, dos maias, os incas e os aztecas.

Oxalá a nosa marabillosa viaxe pola Idade Antiga nos permita crecer en coñecementos da vida no tempo pasado, nos anime a  investigar antecedentes moi destacados dese pasado no noso mundo presente e nos invite a meditar sobre os pasos a dar no futuro máis próximo para que as novas xeracións poidan gozar de toda a fermosura deste noso planeta.

BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA

CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO


No hay comentarios:

Publicar un comentario