miércoles, 15 de mayo de 2024

GABINETE DE CURIOSIDADES CON PABLO OTERO

Nos días 6, 8 e 9 de maio visitounos o ilustrador ourensán Pablo Otero. Con el, o alumnado de Primeiro, Segundo e Terceiro de Primaria realizou actividades relacionadas co tema elixido pola Biblioteca para levar a cabo neste curso: O COIDADO DO MEDIO NATURAL.

Partindo da idea das antigas exposicións de novidades, os nenos e as nenas creaban unha nova especie deseñándolle tamén o seu hábitat. Para realizar dita creación utilizaron material de refugallo e diversos obxectos, tales como: caixas, botóns, teas, pedriñas, ...

 










No hay comentarios:

Publicar un comentario