Outra actividade máis para conmemorar esta data tan sinalada foi contar coa agradable visita unha vez máis de Iago o contacontos. Desta volta animounos con tres historias adaptadas a cada un dos grupos. Así ao grupo de infantil e primeiro de primaria contounos as aventuras de Augusta unha nena que lle tiña medo a todo. Os nenos de segundo e terceiro disfrutaron coas aventuras de Plim e Plam, dous piratas amigos que tiveron as súas diferenzas, pero que souberon resolver. E xa por último os nenos de cuarto e quinto escoitaron unha historia que trataba a problemática do acoso. Todas nos pareceron moi acertadas e nos gustaron moito. Grazas por visitarnos de novo, esperamos verte pronto! E como non, aquí podedes ver algunhas fotos desta sesión de contacontos
1º A, B, C e 2º B, máis fotos AQUI
2ª A e C e 3º A, B e C máis fotos AQUÍ
Infantil, máis fotos AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario