Ola a tod@s !!!!
Este vindeiro sábado 31 de outubro celébrase a festa do Samaín, nos últimos anos está sendo moi celebrada e coñecida pero realmente tivo apoxeo unha vez que a tradición anglo- saxona do Halloween comezou a invadirnos cada vez con máis forza.
A maioría de vos seguro que xa coñece ben a historia do Samaín e se non, esta semana os vosos mestres adicaranlle un momento a falarvos dela, asique non me vou estender pero o que si que ninguén vos terá que contar é que é unha festa na que o gran protagonista é o MEDOOOOOO.
UUUUUuuuuuuuuuuuuu
Nestes días estaredes preparando a cabaza, decorando as aulas con cousiñas relacionadas co medo e seguramente lendo ou vendo algunha historia ou conto relacionada con él. Polo tanto, quero animarvos a que se non o fixestes xa, pasedes pola biblioteca e busquedes algún conto ou libro relacionado co Samaín, Halloween ou simplemente algún que trate o tema do medo.
Non me estendo máis para que non perdades tempo.......
Disfrutade a tope do Samaín!!! Saudiños e moitos bicos con sabor a cabaza!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario