martes, 26 de abril de 2022

CONCURSO ICÍA DIVERCAPACIDADE PARA  CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO!!!

Na recta final do segundo trimestre a nosa pequena gran aventureira Icía, acompañada pola súa creativa profe Sonia e por min, visitou o noso intrépido centro educativo para vivir dúas aventuras cheas de cor co alumnado de cuarto e de quinto que se puxeron mans as pinturas para crear milleiros de mares de cores ao "Xeito de Icía" e unha musical aventura co alumnado de sexto que viviu intensamente, ao compás da música de Budiño, Milladoiro e Magín Blanco, un novo enriquecemento vital no noso soño da DiverCapacidade de Icía.

Nestas marabillosas visitas a nosa intrépida aventureira aproveitou para invitar ao alumnado dos tres niveis a participar nos Concursos que naceron na miña cabeciña e que as miñas creativas mans artesanalmente fixeron para celebrar por todo o alto este noso ano da DiverCapacidade.

Concurso de 4º: "Comunicando con Icía"



Concurso de 5º: "Limits & Powers"





Concurso de 6º: "Érase unha vez unha lambetada con cor e con sabor"



O alumnado de cuarto participou emotivamente no Concurso "Comunicando con Icía" facendo un debuxo para comunicarse coa pequerrechiña aventureira de mil xeitos diferentes a fala, o alumnado de quinto participou con gran entusiasmo no Concurso "Limits & Powers" para reflectir que comprenderon moito bene a mensaxe de Icía que nos quere ensinar que todo o mundo ten Limits que debe intentar facer máis pequenos e Powers que debe intentar facer máis grandes e o alumnado de sexto participou intensamente no Concurso "Érase unha vez unha lambetada con cor e con sabor" para completar a doce historia do conto que co seu  grandísimo agarimo nos agasallou a nosa amiga Yolanda e que a nosa sorrinte profe Sonia coa súa inmensa capacidade creativamente tecnolóxica deu unha fermosa vida chea de miles de cores e sabores...

Xa estou desexando visualizar todas as creacións da miña querida cativada para enriquecerme coa súa visión da DiverCapacidade. Pola súa banda, o alumnado terá que agardar un pouquiño polos seus desexados premios xa que serán entregados na Semana das Letras Galegas polo nosa lectora mascota Boello en colaboración co noso marabilloso Equipo da Biblioteca do noso aventureiro centro Educativo.

Graciñas mil sempre a Yolanda pola súa agarimosa amizade, a profe Sonia por acompañarnos sempre co seu sorriso nas nosas toliñas aventuras e a toda a linda xentiña adulta e cativa que nos impulsa e que nos acompaña sempre na nosa aventura vital!!!

Ceci Music & Icía Power

Seguimos soñando con facer realidade a "DiverCapacidade"

Boello e Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario