jueves, 23 de junio de 2022

       O NOSO ALUMNADO CATIVO E AS SÚAS GRANDES FAMILIAS VIVIRON INTENSAMENTE UNHAS LÚDICAS XORNADA DE XOGOS!!!

O Equipo da Biblioteca do noso centro educativo tiña moitas ganiñas de poñer en marcha un novo Obradoiro de Biblioteca Creativa e que mellor xeito que facelo cunhas actividades que puideran gozar en convivencia o noso alumnado e as súas familias tras dous anos de seca por mor das restricións pola situación insólita que estamos a vivir dende a chegada da Covid-19.

Así que os días 9 e 16 de xuño no noso centro educativo, o noso alumnado cativo de primeiro e segundo de primaria e as súas grandes familias viviron intensamente unhas lúdicas xornadas de xogos...

Da man de Brazolinda da Artesanía de Galicia que é un proxecto de creación de xogos baseados na cultura e nas tradicións galegas para traballar dun xeito lúdico a atención, memoria, comunicación... e fomentar no noso alumnado o amor polos nosos sinais de identidade que nos fan enriquecedoramente diferentes para vivir nun mundo cheíño de multiculturalidade .

Convivencia Familiar Xogando en Galego!!!

Boello e Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo





No hay comentarios:

Publicar un comentario