domingo, 18 de junio de 2023

      ICÍA POWER & CATIVADA 6º VIVEN UNHA EMOTIVA DESPEDIDA MUSICAL!!!

Este mércores pasado, Icía Power acompañada por Ceci Music & Taty Sunny viviu unha emotiva despedida musical con toda a cativada de sexto que máis pronto que tarde emprenderá unha nova aventura escolar e vital para seguir crecendo como as marabillosas persoas diversas que son...

Nesta emotiva despedida musical quixemos transmitir coa nosa musicalidade que debemos de dar a benvida a todo o magnífico que nos acontece nas nosas aventuras vitais e que quizais o mellor xeito de superar o non tan bo sexa pensando que non hai problemas que eternamente duren e que con sosegada calmiña sempre se pode atopar un novo camiño que nos invitará a vivir novas aventuras que nos enriquecerán mil por mil...





Tamén intentamos que reflexionaran que quizais aínda non son tan maiores como se pensan porque aínda lles queda un longo camiño para ser capaces de comprender que deben intentar con toda as súas forzas non ser marionetas manipulables e que deben ser capaces de romper os invisibles fíos da uniformidade para vivir cada un e cada unha en harmonía coas súa linda DiverCapacidade...



Deste marabilloso xeito quizais toda esta magnífica cativada diversa coa que vivimos tan enriquecedoras aventuras escolares e vitais no transcorrer deste anos se transformen nese tan necesario motor de cambio que necesitamos neste toliño planeta para vivir nun mundo mellor...





E para rematar esta nosa despedida musical que mellor que intentar que comprenderan que sempre debemos de vivir intensamente as nosas aventuras vitais, moitísimas veces coa auga das nosas bágoas porque con cada gotiña limpamos o máis profundo do noso ser e outras infinitas veces coas gargalladas que se expanden dende o noso interior para inundar de felicidade o noso universo sideral da DiverCapacidade...







Graciñas mil a noso Equipo Directivo por estar sempre aos mandos organizativos, a nosa luminosa Orientadora Taty por vivir connosco no noso arco de infinitas e fermosas cores que nos invita a viaxar ata o infinito e máis alá, a todo o profesorado que buscou o xeito de acompañarnos nesta nova aventura escolar porque de mil xeitos diferentes queren formar parte da nosa aventura vital e a toda nosa diversa cativada de sexto por cada unha das súas marabillosas mostras de natural agarimo ao longo destes anos porque os seus fermosos sentimentos son o noso combustible para seguir camiñando a senda da nosa DiverCapacidade...

Sempre no noso corazón e no noso pensamento!!!

DiverCapacidade... Limits máis pequenos e Powers máis grandes!!!

Ceci Music & Icía Power & Tati Sunny

Boello & Equipo da Biblioteca Escolar

No hay comentarios:

Publicar un comentario