viernes, 25 de abril de 2025

  CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

"OBRADOIRO DE ESCUDOS" - INFANTIL

"DÍA DO LIBRO E LECTURA GRUPAL" - PRIMARIA

23/04/2025

Boello e o Equipo da Biblioteca somos un grupo de mestras que ao longo da derradeira semana do segundo trimestre estivemos organizando coa participación activa e voluntaria dun asombroso número total de 108 alumnas e alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria todo o necesario para a Celebración do Día do Libro no noso centro educativo.

OBRADOIRO

INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil participou no "Obradoiro de Escudos Heráldicos" impartido por Pablo Otero e coa colaboración do alumnado voluntario de 5º e 6º e todo grazas o impulso da nosa Biblioteca Creativa. 

ESCUDOS

HERÁLDICOS

O alumnado máis cativo estivo moi concentrado para comprender as representacións gráficas de diversos escudos de vilas e cidades e tamén os de diferentes apelidos de familia. 

BIBLIOTECA

CREATIVA

Por último pasaron á acción e crearon os seus propios escudos heráldicos e os resultados foron ben creativos e pintorescos.

EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado voluntario de 6º Educación Primaria foi o encargado de ir polos diferentes grupos de 1º, 2º, 3º e 4º de E.P para relatarlles os motivos polos que o Día do Libro se celebra cada 23 de abril.

1º A

1º B

1º C

A súa intervención foi traballada intensamente e con gran ilusión na semana anterior as vacacións do segundo trimestre e aínda que no momento da verdade as bolboretas voaban intensamente no seu interior realizaron o seu labor divulgativo as mil marabillas.

2º B
2º C

Ao remate deste interesante relato foron os encargados de iniciar unha lectura grupal xa que o alumnado de cada grupo contaba cun exemplar da súa lectura correspondente. A lectura foi continuada de xeito individual polo alumnado máis cativo que tivo o impulso de ler en voz alta para celebrar por todo o alto o Día do Libro.

3º A

3º B

3º C
3º D

Boello e o Equipo da Biblioteca estamos moi satisfeitos cos resultados de todas as actividades da nosa Celebración por excelencia e podemos dicir que fixemos honor ao lema do noso centro: 

4º A

4º B

4º C

XUNT@S SOMOS ESCOLA!!!



FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA

CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO


No hay comentarios:

Publicar un comentario