viernes, 24 de septiembre de 2021

  FACENDO REALIDADE O SOÑO DA "DIVERCAPACIDADE"

O equipo de docentes da Biblioteca do noso centro educativo comezamos este ano académico cunha esperanzadora idea dando voltas nas nosas cabeciñas e en breve coa colaboración de todo o profesorado do noso colexio imos a poñernos mans á obra para facer realidade o noso soño de intentar que o noso alumnado coñeza, comprenda e respecte a gran variedade da "Diversidade Funcional" que aínda que sintamos que está moi lonxe das nosas vidas cotidiás en realidade forma parte da nosa humanidade para axudarnos a ampliar as nosas mentes e enriquecer os nosos corazóns coa súa amplisíma e enriquecedora variedade de cores.


Este proxecto que imos a poñer en marcha de forma global en todo o noso centro educativo naceu fai uns aniños grazas a nosa alumna Icía que quixo visitar ao seu grupiño de compis de referencia para contarlles a súa aventura vital inmersa na súa "Diversidade Funcional". 
Foi tal o éxito da experiencia que tod@s @s compis quixeron que Icía voltara para compartir con ela novas e enriquecedoras vivencias envoltos na palabra "DiverCapacidade" e cada vez son máis @s alumn@s que queren coñecer a Icía porque ela dun xeito natural nos quere ensinar que se nos paramos a pensar un poquiño tod@s temos "Limits" que debemos intentar facer máis pequenos e "Powers" que debemos de intentar cada vez máis grandes ao longo das nosas vidas como lle acontece a ela.

Así que imos a comezar a soñar coa "DiverCapacidade" para intentar crear un mundo mellor... Anímaste a vir connosco???


Boello e o Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario