BAILANDO NA "DIVERCAPACIDADE" AUDITIVA
Neste mes de outubro no noso cole imos a comezar a poñer en marcha o proxecto global para este ano académico proposto polo Equipo da Biblioteca e aceptado por todo o profesorado do centro con gran entusiasmo, "A DIVERcapacidade".
A idea é ir aproximando durante todo o mes a diversidade funcional auditiva e a mudez ao alumnado dos diferentes niveis educativos con propostas diferentes para que poidan sentir a realidade das persoas con sordera e deficiencia auditiva acompañada ou non da mudez para así comprender e respectar a cada persoa independentemente das súas limitacións porque serán capaces de visualizar que estas persoas teñen tamén moitas capacidades e sobre todo que teñen un corazón que necesita ser amado.
Iniciaremos esta esperanzadora andaina bailando con Tamara, unha nena con diversidade funcional auditiva que ten o fermoso soño de querer ser bailarina e os soños sempre se deben intentar facelos realidade.
Neste mes o silencio será o noso compañeiro de baile pero bailaremos con ganiñas ao seu compás... Animádesvos a bailar connosco!?
Boello e o Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario