miércoles, 24 de noviembre de 2021

    "CORRE CORRE, CABACIÑA" EN VERSIÓN INFANTIL UCEIRA!!!

O alumnado máis cativo do noso dinámico centro educativo e ao mesmo tempo o alumnado máis maior de Educación Infantil do edificio da Uceira estiveron a traballar intensamente, guiados polas súas mestras, este otoñal conto "Corre Corre, Cabaciña" para así podernos agasallar con esta creativa montaxe coa súa lindísima versión particular e fantasticamente acompasada con texto e debuxos ben lindos.


Agora podedes desfrutar do conto en versión orixinal para que poidades valorar moi positivamente o gran traballiño realizado por este grupiño de Educación Infantil de 5 anos do edificio da Uceira.


Agora que vos parece se para despedirnos vos animades a cantar esta fermosa canción baseada no conto da nosa cabaciña porque a lectura e a música son unha magnífica compañía.


 Boello e o 
Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario