martes, 9 de noviembre de 2021

   "MOCHILAS VIAXEIRAS" PERCORRENDO O MUNDO FAMILIAR!!!

Durante o mes de novembro as "Mochilas Viaxeiras" iniciarán o seu fabuloso percorrido polo mundo familiar das diversas casiñas do alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria do noso dinámico centro educativo.

As nosas "Mochilas Viaxeiras" están e estarán sempre cheíñas de miles de aventuras reais e imaxinarias, feitos históricos ou fantásticos, acontecementos imaxinables e inimaxinables, soños alcanzados e por alcanzar e un longo etcétera que vos invitamos a descubrir cada vez que abrades as vosas "Mochilas Viaxeiras".

O Equipo da Biblioteca desexa con todas as súas forzas positivas que este fantástico percorrido familiar das "Mochila Viaxeiras" acade os nosos lindos soños:

- Concienciar ás familias do importantísimo papel que desempeñan no fomento da lectura d@s cativ@s.

- Propiciar intres de encontro entre os diferentes membros da familia tomando como punto de unión e conexión o fascinante mundo dos contos e dos libros.

- Animarvos a que compartades cos vos@s fill@s un anaquiño de delicioso ocio cunha boa calidade temporal arredor da enriquecedora lectura.

- Fomentar unha marabillosa conversa sobre os miles de temas que nos brindan os contos e os libros dun xeito fantasticamente natural.

-  Mellorar o hábito lector do noso querido alumnado que lles propiciará grandísimas vivencias lectoras que permanecerán para sempre nas súas cabeciñas e nos seus corazóns.

- Reforzar o necesario vínculo entre as familias, o alumnado e o profesorado no seu labor de acadar unhas novas xeracións que se nutran da lectura para poder acadar o soño de vivir nun mundo mellor.

Por favor, se tedes unha ou mil suxestións de lectura para compartir connosco e incorporar esas novas lecturas as nosas "Mochilas Viaxeiras" en próximos percorridos familiares escribídenos ao correo da Biblioteca Boello no noso centro educativo: ceipcalvosotelo@gmail.com

Boello e o Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario