A "DIVERCAPACIDADE" XA FORMA PARTE DA DECORACIÓN DO NOSO DIVERSO COLE!!!
O Equipo da Biblioteca comezou este ano académico cun ilusionante soño covertido nun esperanzador proxecto global para que todo o alumnado do noso diverso centro educativo coñecera, comprendera e respectara a cada persoa con diversidade funcional na súa enriquecedora diferencia.
AULA MÚSICA |
Para tal importante fin pensamos en traballar co alumnado afondando mensualmente nunha diversidade funcional pero tamén pensamos que sería unha moi boa idea ir ambientando o noso cole para que a palabra "DiverCapacidade" fose pouquiño a pouquiño decorando cada taboleiro do cole deste xeito tan artisticamente diverso.
BIBLIOTECA CREATIVA |
Desta maneira tan diversamente artística as persoas que temos a sorte de circular polo noso diverso centro educativo imos interiorizando a palabra "DiverCapacidade" porque todas as persoas temos "Limits" que debemos intentar facer cada vez máis pequenos e "Powers" que debemos conseguir facer cada vez máis grandes e nunca deberiamos esquecer esta linda mensaxe: "Non se trata de ter dereito a ser iguais senon ter igual dereito a ser diferentes".
DINAMIZACIÓN GALEGO |
No hay comentarios:
Publicar un comentario