POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA!!!
O mundo dos contos é tan fantasticamente máxico que sempre nos invita a percibir, sentir e comprender aprendizaxes, sentimentos e vivencias novas dun xeito marabillosamente natural. Por este fundamental motivo ler contos co noso alumnado e inventar mil e unha actividades educativas sobre as súas fascinantes historias forma parte do noso devenir educativo en todas as aulas de infantil e primaria do noso dinámico centro educativo.
Nesta ocasión, o Equipo da Biblioteca quere agasallarvos cun marabilloso traballiño feito polo alumnado de Educación Infantil de 5 anos do edificio da Uceira sobre o conto "Por catro esquiniñas de nada" que a súa titora escolleu para que o seu grupiño comprendera naturalmente que sempre debemos buscar o xeito de axudar as persoas que son "cadradiños" a poder estar no mundo dos "circuliños" porque se conseguimos que esta fermosa unión aconteza ambos mundos non estarán divididos por falsas fronteiras e o noso proxecto da "DiverCapacidade" deixará de ser un soño para converterse nunha lindísima realidade.
E para seguir facendo o mundo lector moito máis enriquecedoramente diverso tamén vos invitamos a ler este conto en linguaxe de signos porque saber esta linguaxe nos abre unha nova forma de comunicación e a comunicación é a mellor maneira de lograr vivir nun mundo mellor.
Día Mundial da "DiverCapacidade" - 03/12/2021
Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario