DIVERCAPACIDADE... BUSCANDO O XEITO!!!
Este trimestre para seguir mergullándonos no noso proxecto global aínda faltaba a visita de Icía ao cole para vivir unha nova aventura cos seus grupiños de referencia pero a situación tan insólita que estamos a vivir complicouse un pouquiño nestas últimas semanas e por precaución tivemos que buscar o xeito para non perder a oportunidade de seguir facendo máis grande a palabra "DiverCapacidade".
|
BONECO MODELO |
O xeito apareceu a modo de videoconferencia. Icía, a súa profe Sonia e o seu papá na casiña e nós no cole intentando que o alumnado reproducira unha artistada de Icía&moi.
|
CONEXIÓN VIRTUAL |
Primeiramente, @s compis léronlle unha carta a Icía a modo de resposta a unha carta que lles escribira a pequerrechuiña porque non perder a comunicación é moito importante para manter viva tan lindas amizades.
|
LECTURA CARTA |
|
CARTA CONEXIÓN |
Seguidamente, tiveron que memorizar o noso debuxo do boneco de neve e colocar todo o necesario ben ordenadiño nas súas mesas para intentar reproducilo pero cos ollos tapadiños para sentir como pode ser o vivir cotiá dunha persoa con diversidade visual. Ao rematar o alumnado viviu unha gran experiencia vital e descubrimos que nin tan mal se lles daba debuxar ás apalpadelas.
|
NOVA EXPERIENCIA |
|
DEBUXANDO ÁS APALPADELAS |
|
MOITA CONCENTRACIÓN |
Despois, xa pasamos a realizar o debuxo con témperas, pinceis, esponxas e gomets. Un proceso artístico ben divertido e enriquecedor para tod@s tanto na casiña como no cole.
|
DIVERSIÓN ARTÍSTICA |
|
DEBUXAMOS CONECTAD@S |
Por último, Icía mandoulles por mensaxería materna o seu agasallo lambón como todos os anos por estas datas e a súa postal de nadal para cada grupiño cos mellores desexos para tod@s @s nos@s querid@s aventureir@s da "DiverCapacidade".
|
AGASALLOS AGARIMOSOS |
Graciñas mil a Icía por inspirar tan lindas aventuras, ao papá e a mamá da pequerrechiña por axudar a facelas realidade, a profe Sonia por animarse a vivir intensamente unha nova experiencia con Icía, a orientadora Emilia por facer sempre posible a nosa conexión virtual, as titoras Olga, Marta e Leti e o titor Miguel por apuntarse ao noso soño dun mundo mellor e os grupiños de compis de Icía que sempre viven cada unha das novas aventuras da "DiverCapacidade" cunha ilusión inmensamente natural.
ARTISTADAS INVERNAIS
Boello e o Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario