miércoles, 22 de diciembre de 2021

         RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE BOELLO PARA O NADAL!!!

Querido alumnado amigo de Boello:

Hoxe comezan as vosas merecidísimas vacacións porque este trimestre loitáchedes vigorosamente para conseguir facer máis pequeniños os vosos "Limits" e traballáchedes incansablemente para lograr facer máis grande os vosos "Powers" e grazas ao voso inmenso esforzo cada vez estamos máis pretiño de acadar o noso soño de facer máis grande a palabra "DiverCapacidade".

A nosa mascota Boello quere agradecervos inmensamente os vosos logros e pensa que o mellor  xeito é facéndovos entrega destes dous presentes cunhas lindísimas recomendacións lectoras tanto para o grupiño de prelector@s e primeir@s lectores como para o grupiño de lector@s autónom@s e expert@s.

Oxalá todas as propostas de Boello sexan do voso agrado e vos mergullen en marabillosas aventuras, vivencias, aprendizaxes e soños no inmenso oceáno da lectura.


Dende o Equipo da Biblioteca queremos desexarvos unhas felices vacacións lectoras, unhas felices festas familiares e un feliz aninovo no que seguiremos soñando cun mundo decorado coa nosa enriquecedora "DiverCapacidade".


Apertas agarimosamente lectoras,

Boello e Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario