AFONDAR NA MÁIS RÁPIDA VELOCIDADE!!!
No noso centro educativo durante este mes de xaneiro seguimos a soñar con facer un pouquiño máis grande a palabra "DiverCapacidade" e decidimos afondar na máis rápida velocidade para descubrir con "Topito Terremoto" a realidade cotiá das persoas co Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade.
Gracias a enriquecedora lectura do conto de Topiño Terremoto tod@s podemos comprender e sentir na nosa pel e no noso corazón as dificultades do día a día d@s cativ@s con TDAH e deste xeito tan fermosamente natural teremos a enerxía positiva necesaria para axudal@s a que a súa vida sexa un pouquiño máis tranquila e circule a unha menor rápida velocidade!!!
Anímaste a afondar con nós no TDAH!?
Boello e o Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario