HORA DE LER!!!
"Hora de ler" é o lema dun programa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o fomento da lectura en todos os centros de ensino da nosa comunidade autónoma.
Despois dunha campaña inicial de edición de materiais, durante o ano 2006, dirixidos a todas as etapas da educación obrigatoria, este lema foi tomado como título en moitos centros educativos para denominar o tempo de lectura silenciosa sostida ou tempo dedicado especificamente á lectura en horario lectivo porque como tod@s @s grandes amantes da lectura sabemos, "ler nos leva a lugares inimaxinables".
Ese foi o caso do noso dinámico centro educativo que denomina "Hora de Ler" ao tempiño que empregamos para fomentar entre todo o noso alumnado a marabillosa paixón polo mundo da lectura durante un enriquecedor espazo de tempo que tomamos xustiño despois do tempiño de lecer no patio e xustiño antes do inicio das últimas sesións lectivas do noso horario escolar.
Hora de ler!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario