jueves, 10 de febrero de 2022

    MOCHILAS VIAXEIRAS PARA VOAR AO MARABILLOSO MUNDO DA LECTURA !!!

O noso alumnado con gran entusiasmo recibe as "Mochilas Viaxeiras" que son preparadas pola nosa mascota Boello con gran paixón para crear un fermoso vínculo entre o profesorado do noso cole e as familias do noso alumnado porque desta magnífica unión nacerá un labor común de formación dos nosos lectores e das nosas lectoras máis cativ@s para que no presente e no futuro poidan voar ao marabilloso mundo da lectura.


Ao chegar a casiña e abrir coa súa linda familia a súa "Mochila Viaxeira" descubrirán xunto a súa xentiña querida mil e unha aventuras que voando na súa innata imaxinación se converterán nun estímulo de impulso para nun futuro non moi afastado ser o motor dun mundo mellor.




Cada cativ@ amante da lectura plasmará dun xeito marabillosamente diverso o percibido en cada un dos asombrosos voos que Boello lles prepara nas "Mochilas Viaxeiras" ao fantástico, estimulante, enriquecedor, transformador e marabilloso mundo da lectura.



Boello e Equipo da Biblioteda do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario