martes, 15 de febrero de 2022

   OBRADOIRO BIBLIOTECA CREATIVA  

"BANDA DESEÑADA"

O noso alumnado de 5º de Educación Primaria participou cun gran entusiasmo descubridor e creativo no Obradoiro proposto por Boello e o Equipo da Biblioteca Creativa do noso cole co obxectivo de elaborar a súa propia Banda Deseñada.

Este estimulador obradoiro fíxose realidade durante o mes de xaneiro e nel todo o alumnado participante estivo moi atento para activar e  poñer en marcha a súa mente e as súas mans para ir pouquiño a pouquiño creando a súa propia Banda Deseñada.



A verdade que os resultados creativos finais do noso alumnado nos invitan a pensar que nun futuro non moi afastado o mundo contará con algún e algunha gran artista de mil e unha Banda Deseñada.



Este mesmo  Obradoiro xa tivo lugar no noso centro educativo durante o ano académico anterior da man da ilustradora galega Bea Lema e  tras o éxito da súa idea orixinal para que o mundo cativo descubrira o seu mundo non puidemos resistir a tentación de repetir cun novo grupiño e seguramente repetiremos en vindeiros anos académicos porque o alumnado queda moi encantado con todas actividades propostas neste marabilloso Obradoiro de Banda Deseñada.

Boello e Equipo da Biblioteda do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario