viernes, 11 de marzo de 2022

   NUN FERMOSO RECUNCHO...

Nun fermoso recuncho das terras de Galicia existe un dinámico centro educativo que conta cun traballador Equipo da Biblioteca que coa enerxía a favor da súa mascota Boello sempre anda a argallar o xeitiño de que o seu alumnado descubra o marabilloso, abraiante, máxico e fantástico mundo das verbas orais e escritas.





Así que un día de non fai demasiado tempo o alumnado máis cativo de Educación Primaria dese emprendedor cole tivo a sorte de desfrutar dunha creativa sesión oral de contos populares na que o alumnado por arte de birlibirloque pasou a formar parte das marabillosas  historias relatadas dun xeito fantasticamente fantástico nas verbas e nos debuxos do contacontos Benxamín.






Unha fermosa aprendizaxe vital vivida nese pequeniño recuncho das nosas terras por un alumnado que segue a poder lembrar cada verba e cada debuxo porque xa forman parte da decoración do noso colorido centro educativo.




Boello e Equipo da Biblioteda do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario