martes, 15 de marzo de 2022

 XOANIÑAS A VOAR!!!

Este venres 11 de marzo o alumnado máis cativo do noso centro educativo tivo a sorte de poder desfrutar do fermoso conto musical "A voar" en vivo e en directo seguindo o ritmo ben marchoso que marcaba o impresionante contacontos musical "Cé Orquestra Pantasma".


Este musical contacontos invitou as nosas cativiñas xoaniñas a viaxar coa xoaniña Xoana quen, movida pola curiosidade máis curiosa non podía nunca deixar de desexar voar. A magnífica viaxe na súa compañía enriqueceu aos cativ@s e ás profes con fermosas amizades que nos fixeron voar ao mundo dos valores universais que conseguirán que pequen@s e grandes sempre intentemos soñar con vivir nun mundo infinitamente mellor.



Graciñas mil a Cé Orquestra Pantasma 
por facer voar as nosas xoaniñas...


... coa pequena xoaniña Xoana 
para sempre xuntiñ@s soñar con voar!!!


Boello e Equipo da Bibiloteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
_________________________________________

No hay comentarios:

Publicar un comentario