lunes, 21 de marzo de 2022

HOXE E SEMPRE, A VOAR CO SÍNDROME DE DOWN!!!

No noso intrépido cole andamos a voar durante este mes de marzo polo mundo dos cromosomas que de vez en cando nos queren agasallar con enriquecedoras persoas con Síndrome de Down que viven cada día soñando coa posible real realidade dun merabilloso día no que toda a xentiña que vive neste toliño planeta comprenda que necesitamos vivir sen medo ao descoñecido porque o diferente é fermosamene fermoso e nos enriquece infinitamente xa que non se trata de ter dereito a ser iguais senon ter dereito a ser diferentes para que tod@s na nosa "DiverCapacidade" podamos facer todo o que nos propoñamos na nosa mente e no noso corazón sen que ninguén nos corte as nosas soñadoras ás que sempre nos permitirán voar a un mundo mellor.

Graciñas mil a toda a máxica implicación do profesorado e a toda a fantástica curiosidade do alumnado do nos dinámico cole porque esta magnífica combinación está pasiño a pasiño conseguindo facer máis lindamente grande o noso soño da "DiverCapacidade".

"DiverCapacidade"... Avante a toda máquina!!!

Boello e Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario