miércoles, 30 de marzo de 2022

 O PROMETIDO É DÉBEDA!!!

No primeiro trimestre, Icía acompañada pola súa profe Sonia e por min fumos ao noso dinámico colexio para contarlles a aventura vital, terapéutica e escolar desta nosa pequena gran aventureira a todo o alumnado de cuarto, cunha grandísima acollida pola súa parte. Nesa enriquecedora visita a pequena fíxolles un pequeniño agasallo artístico feito coas súas manciñas e quedaron tan entusiasmados que a pequerrecha prometeu que no segundo trimestre voltaría ao cole para tod@s xuntiñ@s pintar ao "Xeito de Icía" miles de mares con infinitas cores que fixeron posible ao remate das tres sesións convertir nunha fermosísima realidade o seu soño de facer máis grande a palabra "DiverCapacidade" e que xa é o soño de todo o noso centro educativo.






Aproveitamos esta nova visita para animar a todo o alumnado de cuarto a participar nun Concurso de Debuxo e Lema que leva por título "Comunicando con Icía" que naceu na cabeciña da súa nai pero que vai facerse realidade grazas a implicación do profesorado titor deste nivel educativo e a colaboración de Boello e do noso Equipo da Biblioteca.






Graciñas mil a todo o profesorado que participou activamente nesta nova aventura de Icía e o alumnado de cuarto por facela realidade e as profes que non puideron estar por diversos motivos loxísticos e persoais porque sempre están presentes nos nosos corazóns  e por suposto, grazas infinitas a todo o alumnado de cuarto por crear tan marabillosos mares de cores e por estar inmensamente felices coa visita da nosa pequena gran aventureira da "DiverCapacidade".





Ceci Music & Icía Power

Seguimos soñando con facer realidade a "DiverCapacidade"

Boello e Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario