APRENDER PARA APRENDER MOLA,
APRENDER PARA ENSINAR REMOLA!!!
Durante este ano académico, Boello e o Equipo da Biblioteca do noso centro educativo participamos no proxecto "Digicraft", un programa de formación para desenvolver habilidades e competencias dixitais a través do xogo e a experimentación.
O nivel elixido para desenvolver este programa foi o alumnado de 6ºA de Educación Primaria e, unha vez realizada a súa formación e consolidadas as súas habilidades e competencias dixitais, foron @s encargad@s de transmitir os seus novos coñecementos a outr@s alumn@s do noso colexio.
Nestas imaxes podedes observar como o alumnado de segundo tivo a sorte de enriquecerse dunha nova experiencia creativa no mundo dixital guiados polos seus "cativ@s docentes" de 6ºA.
As creacións artísticas do alumnado do noso centro educativo ben mereceron a nosa aventura dixital no programa "Digicraft" porque...
No hay comentarios:
Publicar un comentario