ENCAIXANDO AS PEZAS DO CREABACABEZAS DO AUTISMO !!!
Durante o mes de abril no noso intrépido cole estivemos descubrindo como encaixar as pezas do crebacabezas do autismo para comprender que o cerebro das persoas autistas percibe o mundo exterior dun xeito excesivamente fatigoso polo que necesitan ordenar o seu mundo interior ao seu xeito metódico e repetitivo para poder ir montando peciña a peciña o seu crebacabezas vital sen quedar agotadiñ@s na súa aventura vital.
Na nosa montaxe do crebacabezas do autismo descubrimos a Louis que é un neno que necesita mil por mil os seus marabillosos zapatos para conseguir vivir dun xeitosiño xeito o seu día a día porque un pequeno despiste de descolocación dos seus fundamentais zapatos sempre podería chegar a provocar unha inmensa catástrofe na súa cotiá vida. Na realidade, isto nunca debería suceder se toda a xentiña que o acompaña comprende a lóxica do seu ordenado mundo interior para axudalo a vivir a modiño no mundo exterior.
"DiverCapacidade"... Avante a toda máquina!!!
Boello e Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario