CorpoPlanet e DiverCapacidade!!!
Boello e O Equipo da Biblioteca Escolar invitounos a participar nunha nova proposta de temática global a traballar ao longo deste ano escolar no noso dinámico centro educativo, "CorpoPlanet".
Esta temática pareceunos moi interesante e necesaria porque as nosas novas xeracións son o noso futuro e deben aprender a coidar os seus corpos e as súas mentes para ter a fortaleza necesaria para coidar dun planeta que está sufrindo un acelerado deterioro nunca antes visto.
Neste novo ano académico partiremos do coidado dos nosos corpos comprendendo a necesidade de alimentarnos con froitas, verduras, legumes, lácteos, carnes e peixes dun xeito natural ou elaborados con moito agarimo nas nosas casiñas...
Podemos comezar comendo o tomate dun xeito natural nas nosas ensaladas ou podemos empregalo usando a nosa imaxinación como ingrediente fundamental para elaborar canelóns, pizzas...
Ao comer deste marabilloso xeito natural e caseiro estaremos a coidar o noso corpo e a nosa mente nolo agradecerá eternamente. Ademais case sen darnos conta estaremos a coidar o noso planeta que está a tremer por tanta infinita cantidade de plástico empaquetando os alimentos procesados ou ultra procesados, inundando cada minúsculo recuncho terrestre e marítimo que necesita da nosa esperanza verde para navegar no veleiro verde cun bo feixe de guerreir@s doarco da vella virando o destrutivo rumbo agora xa...
Sempre tendo presente a nosa enriquecedora "DiverCapacidade" que seguiremos a vivir intensamente coa nosa intrépida aventureira Icía que sempre nos quere ensinar que todas as persoas temos "Limits" que debemos intentar facer cada vez máis pequenos e "Powers" que debemos intentar facer cada vez máis grandes.
Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar
No hay comentarios:
Publicar un comentario