ICÍA VIVE UNHA NOVA AVENTURA BEN AMISTOSA NO NOSO COLE!!!
Este venres a nosa pequena gran aventureira Icía viviu unha nova aventura ben amistosa no noso cole porque tiña moitas ganiñas de contarlle ao alumnado de cuarto a súa aventura vital, terapéutica e escolar. Os tres grupiños de cuarto non perderon detalle do relato explicativo nin do relato fotográfico das aventuras de Icía e miraron con natural curiosidade agarimosa a súa nova compañeira.
Sorrisos + Miradas + Corazóns = Amizade |
Para celebrar tan lindo encontro a nosa aventureira levoulles de agasallo a cada un dos tres grupiños, un detalle lambón e unha das súas artísticas pinturas para que decoraran as súas aulas e así ter sempre un lindo recordo do seu primeiro encontro ben amistoso.
Miguel - Agasallos 4ºA - María |
Iago - Agasallos 4ºB - Yanira |
Dani - Agasallos 4ºC - Noa |
O agasallo artístico de Icía gustou tanto a "tutti" que xa quedamos cos tres grupiños en volver no segundo trimestre para que a súa nova "compi" lles ensine a pintar ao "Xeito de Icía" e vivir así unha artística xornada agarimosa.
Icía + 4ºA = Sorrisos |
Icía + 4ºB = Miradas |
Icía + 4ºC = Corazóns |
Graciñas mil ao Equipo Directivo (Luis, Eva e Isa) do noso dinámico cole por ser sempre vento a favor, a nosa linda orientadora (Tati) por vivir connosco esta nosa nova aventura escolar , as titoras e titor (Lara, Isa e Jose) destes grupiños de compis por estar connosco dándonos o seu calor, a profe de inglés (Marina) por acompañarnos e por cada unha das súas palabras que sempre nos impulsan a seguir, as nosas profes amigas (MariCarmen e Cristal) por escaparse no seu tempo de lecer para agasallarnos co seu agarimo e a toda a cativada de cuarto polos seus fermosos sorrisos e algunha que outra bágoa, polos seus marabillosos corazóns e por espertar a pícara mirada da nosa valerosa aventureira Icía.
"DiverCapacidade" en cuarto... Avante a toda máquina!!!
Sorrisos + Miradas + Corazóns = Amizade |
Ceci Music & Icía Power
Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar
No hay comentarios:
Publicar un comentario