sábado, 17 de diciembre de 2022

   ICÍA & COMPANY 6º VIVEN UNHA NOVA AVENTURA ESCOLAR!!!


Este mércores, a nosa intrépida aventureira Icía viviu unha nova e enriquecedora aventura escolar cos seus grupiños de referencia de sexto.

Icía&Company 6ºA 

Icía&Company 6ºB

Icía&Company 6ºC

Icía e eu fixemos na nosa casiña u debuxo dun simpático boneco de neve. O debuxo foi o modelo para que os grupiños de compis da pequerrechiña o intentaran debuxar cos seus lapis cos ollos pechados para que deste xeito que percibiron como un xogo sentiran por un breve momento como é o devir cotiá das persoas con diversidade visual. Despois dunhas cantas caras de sorpresa e dunhas risas ben naturais puxéronse con todos os seus sentidos mans a creación artística para debuxar o seu propio boneco de neve con témperas, esponxas, pinceis e gomets ao seu propio xeitiño.

Icía&Company 6ºA 





Icía&Company 6ºB





Icía&Company 6ºC





Icía&Orientadora Taty


Os bonecos de neve destes tres grupiños quedaron ben lindos e xa forman parte da decoración do seu corredor para darlle un diverso toque de cor e lembrar que tod@s vivimos a nosa propia "DiverCapacidade".


Graciñas mil ao noso marabilloso Equipo Directivo por dar todas as voltas e reviravoltas necesarias a nivel organizativo para que esta actividade se fixera unha realidade; a máxica colaboración das tres lindas titoras de sexto que foron un amore totalis con Icía e con "moi"; a participación como alumna, profe e compi da nosa fermosa orientadora, a todo o alumnado de sexto que viviu moi intensamente esta nova aventura ben artística coa súa intrépida compañeira Icía e por suposto, ao papá de Icía por estar sempre e a Icía por ser a miña fonte de inspiración. Así dá gusto.



DiverCapacidade Forever






ICÍA & COMPANY 6º

Ceci Music & Icía Power

Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar 

No hay comentarios:

Publicar un comentario