jueves, 26 de enero de 2023

  PRÉSTAMO LIBROS E MOCHILAS VIAXEIRAS!!!

O Equipo da Biblioteca do noso centro educativo quere informarvos de que este ano académico debido ao cambio institucional do programa informático que se emprega para xestionar o fondo de libros das Bibliotecas Escolares da nosa comunidade autóctona, o préstamo de libros aínda non se pode xestionar para que levedes os libros para as vosas casas pero dito préstamo se cambiou ás diferentes aulas cunha ampliación do fondo de libros das mesmas para seguir impulsando o marabilloso hábito lector entre todo o noso alumnado.

Por outra banda, as nosos Mochilas Viaxeiras cargadas de fermosos libros seguen a viaxar como en anos anteriores, iniciando a súa viaxe todos os venres dende a nosa Biblioteca Escolar para poder chegar as casas do alumnado da etapa de Infantil e 1º e 2º da etapa de Primaria e regresando todos os xoves para poder iniciar unha nova viaxe para fomentar o fermoso hábito lector no noso alumnado máis cativo.


Graciñas a tod@s pola vosa compresión e por poñer o voso granciño de area para fomentar o hábito lector nas vosas familias!!!
Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar 

No hay comentarios:

Publicar un comentario