lunes, 6 de febrero de 2023

    3ª EDICIÓN DO OBRADOIRO DE 

BANDA DESEÑADA

O noso alumnado de 4º de Educación Primaria participou cun gran entusiasmo descubridor e creativo na 3ª Edición do Obradoiro de Banda Deseñada proposto por Boello e o Equipo da Biblioteca Creativa do noso centro educativo.






Este creativo obradoiro tivo lugar durante o mes de xaneiro e nel todo o alumnado participante mostrouse moi motivado e activo para pasiño a pasiño conseguir ir creando a súa propia Banda Deseñada.














A verdade que os resultados finais de todo o alumnado deste nivel educativo nos invitan a soñar coa posibilidade de que no mundo editorial da Banda Deseñada existan no futuro algúns e algunhas grandes artistas do noso centro educativo.

A  1ª Edición deste Obradoiro de Banda Deseñada estivo a cargo da ilustradora galega Bea Lema e tras o éxito da súa idea orixinal para que o mundo cativo descubrira o seu mundo non puidemos resistir a tentación de continuar a súa estela creativa repetir cun novo grupiño o ano pasado na 2ª Edición e este ano tivemos oo impulso de repetir a experiencia porque o alumnado participante sempre queda encantado e marabillado con este Obradoiro de Banda Deseñada.

Boello e Equipo da Biblioteda do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario