ICÍA & COMPANY 4º NAVEGAN ENTRE CORES E APERTAS!!!
A nosa intrépida artista voltou ao noso dinámico cole para vivir unha nova aventura co alumnado de cuarto que tiña moitas ganiñas, dende o seu primeiro encontro ao inicio deste ano académico, de poñerse mans á creación artística para pintar ao "Xeito de Icía".
Icía acompañda por min como mestra desta cerimonia artística e captadora de lindas imaxes para a posteridade, pola nosa linda orientadora Taty como técnica de iluminación máxica e polo alumnado de cuarto como agarimosos artista invitados creamos miles de ondas inclusivas que nos invitaron a navegar en milleiros de mares de diversas cores para mergullarnos nun xigantesco océano de cálidas apertas no mundo da DiverCapacidade.
Graciñas mil as tres marabillosa persoas que forman o noso Equipo Directivo por ser sempre vento a favor e facer sempre posible cada unha das nosas aventuras escolares, a nosa linda orientadora Taty pola súa brillantre luminosidade e polas súas alegres cores que se reflectiron ás mil marabillas na nosa aventura creativa, aos magníficos titores destes grupiños por ter todo listo para que todo o que estaba na miña imaxinación se fixera realidade, as miñas compiamigas por aparecer sempre para dar o seu toque de alegre cor agarimoso e a todo o alumnado de cuarto por vivir con gran entusiasmo esta inclusiva aventura artística de todo corazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario