lunes, 20 de marzo de 2023

    NUN PEQUENIÑO RECUNCHO...

Nun pequeniño recuncho das nosas terras existe un centro educativo que conta cun Equipo da Biblioteca que coa enerxía a favor da súa mascota Boello sempre anda a argallar o xeitiño de que o seu alumnado descubra o marabilloso, abraiante, máxico e fantástico mundo das verbas orais e escritas.



Así que un día da semana pasada, todo o alumnado de Educación Infantil e todo o alumnado da primeira etapa de Educación Primaria do noso cole tivo a sorte de desfrutar dunha creativa sesión oral de contos populares na que o alumnado por arte de birlibirloque pasou a formar parte das historias relatadas nas verbas e nos debuxos do contacontos Benxamín.

Unha fermosa aprendizaxe vital vivida nese pequeniño recuncho das nosas terras por un alumnado que segue a poder lembrar cada verba e cada debuxo porque xa forman parte da decoración do noso colorido centro educativo.


Boello e Equipo da Biblioteda do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario