domingo, 26 de marzo de 2023

     ICÍA POWER & 6ºE.P EN ACCIÓN MUSICAL!!!

Este mércores o alumnado de sexto viviu unha nova aventura musicalmente máxica coa súa intrépida aventureira Icía.





Esta vez teño que confesar que é un tanto difícil para min explicar coas palabras axeitadas todo o que sentín nestas tres sesións musicais porque a potencia máxica da música envolveunos coas súas brillantes vibracións, a compañía harmoniosa da nosa linda orientadora e das nosas compiamigas envolveunos cos seus fermosos corazóns e a forza luminosa da nosa aventureira preferida envolveunos a tutti na súa DiverCapacidade para seguir soñando cun mundo no que toda a humanidade nos acollamos baixo o mesmo paraugas ou baixo o mesmo sol.













Graciñas mil ao noso Equipo Directivo por facer posible loxisticamente esta nova aventura, a nosa linda Orientadora que xa vive para sempre no noso pensamento e no noso corazón, a todas as compiamigas que nos acompañan e nos impulsan a seguir, a profe Sonia&Company por estar presentes a a través do filme visto, a toda a cativada por sentir a diversidade funcional de Icía cunha naturalidade asombrosamente marabillosa, ao papá de Icía por ser o mellor compañeiro de alegrías e fatigas e a Icía por ser a miña inspiración para ser mellor profe e mellor persoa.









DiverCapcidade... Avante a toda máquina!!!

 Ceci Music & Icía Power & Tati Sunny

Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar 

No hay comentarios:

Publicar un comentario