jueves, 30 de marzo de 2023

     ICÍA POWER VIVE UNHA NOVA AVENTURA ESCOLAR CON 5º CHEÍÑA DAS SÚAS MÁXICAS CORES!!!

A verdade que vivimos nun mundo no que todo parece ter que ser inmediatamente inmediato pero a aventura escolar vivida con TatIcía, coas miñas compiamigas e con todo o alumnado de quinto do noso intrépido centro educativo foi tan inmensamente potente que a miña resaca emocional non me permitiu poñerme mans a esta escrita ata calmados todos os remuíños da miña mente e do meu corazón.

Esta idea que levaba moito tempo dando voltas e reviravoltas na miña cabeciña tras ler o conto "Todas as cores do amor" de Alba Castellvi Miquel con ilustracións de Cuchu, consiste en conectar diversas cores coas características persoais da miña aventureira preferida e que o alumnado conectara ambas cousiñas cun obxecto, animal... para crear milleiros de debuxos que uniran deste xeito os sentimentos de cada cativ@ artista coa máxica esencia de Icía.

O alumnado, tras uns intres de reflexións de diferentes dimensións temporais, púxose mans á creación artística ao mesmo tempo que TatIcía facían o propio e eu vivín esta aventura na máis máxima admiración pola implicación, concentración e diversión colectiva porque nin o timbre para ir ao seu tempo de lecer foi quen de romper esta aventura artística chea da maxia das cores de Icía.







































Graciñas mil a Icía e as súas lindas cores por mover e remover os nosos pensamentos e sentimentos, graciñas mil ao noso compi de fatigas e alegrías por estar sempre connosco aínda que xogando ás agochadas de cara ao mundo exterior, a Tati por unirse a cada unha das nosas aventuras escolares coa súa fermosa luz e co seu marabilloso arco de cores creando un ambiente perfectamente perfecto, ao alumnado por ser infinitamente diverso e acoller a DiverCapacidade de Icía con tan natural naturalidade, as titoras por acompañarnos e axudarnos a facer realidade esta idea toliña que naceu na miña cabeciña e guiadas polo meu corazón, as nosas compiamigas visitantes que viñeron dentro das súas posibilidades loxísticas escolares a darnos o seu fermoso agarimo e o noso Equipo Directivo por ser sempre vento a favor.





DiverCapacidade... Avante a toda máquina!!!

 Ceci Music & Icía Power & Tati Sunny

Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar 

No hay comentarios:

Publicar un comentario