sábado, 15 de abril de 2023

       BOELLO, VOLVE A POÑER EN MARCHA O PRÉSTAMO DE LIBROS!!!

O Equipo da Biblioteca estivo ben atarefado durante os dous primeiros trimestres deste ano académico porque tivo que facer unha complexa migración de todos os datos da nosa Bibilioteca a un novo programa informático e a realización de varias actividades relacionadas con este cambio.




Tras moitas horas e horas de traballo do noso Equipo xa todo está a punto para que a nosa linda mascota Boello volva a poñer en marcha o préstamo de libros. 


O alumnado usuario de Educación Primaria está a ser formado para poder aproveitar ao máximo o préstamo semanal do noso fondo de libros da nosa Biblioteca.

Boello e o Equipo da Biblioteca queren prestar milleiros de libros a todo o alumnado do noso dinámico centro educativo para soñar que cada cativo e cada cativa será sempre un intrépido amante do marabilloso universo literario durante toda a súa vida.

Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar 

No hay comentarios:

Publicar un comentario