BOELLO CELEBRA A SEMANA DO LIBRO CON TODA A XENTIÑA MIÚDA DO NOSO COLE!!!
A nosa mascota Boello quería celebrar a "Semana do Libro" con toda a xentiña miúda do noso cole para expandir o seu amor incondicional polo mundo das letras agochadas baixo as tapas de milleiros e milleiros de libros que nos invitan a vivir infinidade de vidas e sentires, algunhas veces iguais as nosas e outras veces ben diferentes, para crecer como lindas persoas neste noso mundo real.
Imos comezar polo alumnado máis cativo do noso cole, a cativada de Educación Infantil que viviron intensamente o mundo dos contos facendo manualidades, marcapáxinas, intercambio de contos preferidos... e meténdose de cheo no mundo dos contos sendo protagonistas principais porque é moi divertido e enriquecedor para estes futuros lectores do mundo das palabras agochadas nas tapas do libros.
O alumnado de 2º de Educación Primaria realizou unha manualidade na que se tiñan que representar así mesmos lendo o seu libro favorito a partir dun modelo dado. Todos os seus fermosos traballos foron expostos no taboleiro do seu corredor para complementar logo, polo alumnado de valores deste nivel educativo e os seus carteis de celebración do "Día do Libro" e animándonos a todos e a todas a gozar do pracer da lectura.
O alumnado de 3º de Educación Primaria elaborou unhas fichas de recomendacións lectoras que recompilaremos nun libro que pasará a formar parte do fondo da nosa Biblioteca Escolar para que todo o alumnado do noso centro poda investigar cal será o seu seguinte libro para mergullarse no océano da lectura.
O alumnado de 4º de Educación Primaria participou no Concurso de lema e debuxo do noso proxecto da DiverCapacidade: "Comunicando con Icía". Este concurso ten como obxectivo fortalecer os lazos de inclusión e amizade nacidos ao coñecer este ano académico a súa compañeira con diversidade funcional, Icía.
O alumnado de 5º de Educación Primaria participou no Concurso de redacción e debuxo do noso proxecto da DiverCapacidade: "Icía, Limits & Powers". Este concurso intenta que o alumnado comprenda e interiorice que todas as persoas temos límites que debemos de intentar facer máis pequenas e poderes que debemos de intentar facer máis grandes ao longo das nosas vidas.
O alumnado de 6º de Educación Primaria participou no Concurso de redacción e debuxo do noso proxecto da DiverCapacidade: "Icía, un carameliño sen cor e sen sabor". Neste concurso pretendemos que o alumnado reflictan con palabras e debuxos o que lles aportou Icía en cada unha das aventuras vividas conxuntamente con esta intrépida aventureira da DiverCapacidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario