miércoles, 10 de mayo de 2023

 "APUNTÁMONOS A NON BEBER" CorpoPlanet

Este ano no noso centro educativo estamos a desenvolver o noso proxecto global, "CorpoPlanet" porque todo o profesorado pensamos que estamos nun punto da historia da humanidade na que é fundamental volver ao coidado do noso Corpo e do noso Planeta para poder ter unha boa calidade de vida persoal que nos permita vivir neste noso fogar colectivo, A Terra.

Este ano académico, dentro do noso proxecto participamos no programa "Apuntámonos a non beber". Para desenvolver este programa tivemos varias charlas destinadas ao alumnado de 6º de Educación Primaria para a prevención do consumo de alcohol, drogas e outras sustancias nocivas para a saúde.

Este programa tamén contará, en vindeiras datas, cun encontro informativo sobre toda esta temática para pais e nais do alumnado do noso centro educativo.

Oxalá tanto o noso proxecto global "CorpoPlanet" como o programa "Apuntámonos a non beber" sexan o motor do cambio tan necesario para que todo o noso alumnado aprenda a vivir en harmonía co seu corpo e respectando o planeta para que siga a ser un fermoso fogar para as vindeiras e vindeiras xeracións de seres humanos.


PARA VIVIR COIDA O TEU CORPO
PARA VIVIR COIDA O TEU PLANETA!!!

Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar

No hay comentarios:

Publicar un comentario