"BIBLIOTECA CREATIVA"
A Biblioteca Creativa do noso centro educativo, entre outras moitas actividades, segue colaborando co programa "DIGICRAFT" que ten como obxectivo principal desenvolver as habilidades dixitais do noso alumnado cunha boa práctica dixital, a través do xogo e a experimentación.
Este é o terceiro ano académico que impartimos este programa de formación para o noso alumnado. Neste caso a temática das actividades foi a "Intelixencia Artificial" e os "Videoxogos". O grupo seleccionado para formarse foi 5ºB. Este alumnado será o encargado de ensinar, en vindeiras xornadas, todo o aprendido aos compañeiros e compañeiras doutros grupos.
A Biblioteca Creativa tamén fomenta as competencias dixitais con diferentes obradoiros de robótica. Nas imaxes podemos observar ao alumnado aprendendo e gozando cos "Escornabots" e os taboleiros elaborados para celebrar a conmemoración das Letras Galegas e para mergullarse no proxecto "CorpoPlanet" que estamos a desenvolver no noso centro educativo ao longo deste ano académico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario