jueves, 29 de junio de 2023

     OLGA, BOA VIAXE FERMOSA XOANIÑA!!!

Olga, a nosa querida coordinadora do Equipo da Biblioteca remata a súa andaina no noso centro educativo para iniciar unha nova viaxe educativa cargada de novas vivencias enriquecedoras mil por mil. A súa nova etapa profesional e vital sabemos que estará acompasada coa lectura de milleiros de libros e máis libros que son o seu combustible para ter sempre a enerxía necesaria para intentar  facer realidade o seu marabilloso soño de transmitir a súa paixón pola lectura as novas xeracións porque ela sabe que no mundo da lectura habita a liberdade do ser humano.

Querida Olga

Olga, a nosa vanguardista coordinadora do Equipo da Biblioteca sempre moi atenta está a todas as innovacións educativas e tecnolóxicas que nacen neste noso mundo educativo para formarse, renovarse e ser así ese marabilloso motor de cambio que impulsa ao noso alumnado a descubrir novas posibilidades de crecemento persoal porque ela sabe que no mundo da innovación reside a esperanza das persoas.

Olga vanguardista

Olga, a nosa intelixente coordinadora do Equipo da Biblioteca foi esa máxica persoa que me animou e me impulsou a facer máis grande o meu minúsculo proxecto inicial da DiverCapacidade para conseguir convertelo nun xigantesco proxecto global do noso centro educativo no que todo o profesorado, alumnado e persoal non docente coñecemos, comprendemos e interiorizamos que todas as persoas temos Limits que debemos intentar facer cada día máis pequenos e Powers que debemos conseguir facer cada día máis grandes porque ela sabe que no mundo da inclusión vive a luminosidade da humanidade.

Intelixente Olga

Olga, en cada recuncho do noso Centro Educativo, da nosa Biblioteca e do noso corazón a túa esencia profesional e persoal permanecerá para sempre pero agora como a fermosa xoaniña que es tes que voar porque a túa querida alma intelixentemente vangardista necesita explorar novos mundos para seguir soñando neste teu máxico universo da educación.

Olga Esencia

BOA VIAXE FERMOSA XOANIÑA!!!

Olga Xoaniña

Ceci Music & Icía Power

Boello & Equipo da Biblioteca Escolar

No hay comentarios:

Publicar un comentario