domingo, 25 de junio de 2023

       ICÍA POWER & CATIVADA 4º VIVEN UNHA AGARIMOSA AVENTURA MUSICAL!!!

O venres 16 de xuño deste ano académico que está a piques de rematar, Icía Power acompañada pola súa inseparable Tati e a súa intrépida Ceci viviu unha inclusiva aventura agarimosa con toda a cativada de 4º do noso centro educativo baixo o arco de cores musicais máis lindo do mundo mundial.

O inicio da sesión comezou en libre movemento corporal ao ritmo dunha desas cancións que fan que movas o teu esqueleto sen pensar e perdas a noción do transcorrer do tempo. Este máxico intre musical invitounos a saudarnos coas diferentes partes do corpo propostas para reforzar a mensaxe que a súa compi Icía quixo ensinarlles ao longo deste ano: "Para comunicar non é necesario falar".









Ao remate de tan marchosa actividade musical necesitabamos un intre de calma que aproveitamos para ir dicindo os nosos nomes dun xeito ritmicamente improvisado con diferentes instrumentos musicais escolares e algún que outro trebello que sempre é un éxito entre toda a nosa cativada musical.









Tras este breve sosego, os nosos esqueletos necesitaban poñerse outra vez a bailar ao ritmo dunha nova canción desas que polas súas emotivas vibracións rítmicas se quedan ancoradas nos nosos corazóns e nas nosas mentes dende ese segundo cero no que aparecen para inundar de felicidade as nosas vidas por un breve instante fugaz. Cada vez que as vibracións desta canción cesaban, este par de tres animamos a nosa cativada de cuarto a darse mil apertas agarimosas porque con esta máxica unión a mil bandas, as positivas vibracións musicais sempre nos acompañarán na senda da nosa DiverCapacidade.














Chegou ese intre no que toda a cativada por quenllas foi capaz de con moita calmiña esperar a recibir o saúdo da súa compi Icía para estable eses invisibles fíos agarimosos que sempre unirán a toda a cativada de cuarto coa nosa intrépida aventureira Icía.













Finalmente, mandámonos un fantástico baile divertido finalis para celebrar un ano ben enriquecedor para tutti a cativada de cuarto e para tutti o profesorado que se achegou a vivir con gran intensidade agarimosa cada unha das nosas aventuras no mundo da DiverCapacidade de Icía.




A maxia do destino tiña agochada unha linda sorpresa a modo de visita con diploma, orla e banda de graduación como agasallo do profesorado e da cativada de sexto para destacar que Icía volve unha vez máis a graduarse en superación, empatía e agarimo a esgalla mil por mil.


Graciñas mil a tutti de todo corazón por axudarnos e acompañarnos en cada unha das nosas intrépidas aventuras e ser pasiño a pasiño máis persoas lindas soñando cun mundo cheíño da máis fermosa e variada DiverCapacidade persoal e sideral.




Ceci Music & Icía Power & Tati Sunny

Boello & Equipo da Biblioteca Escolar

No hay comentarios:

Publicar un comentario